Inicio Pontevédrate Modelo de cidade

Modelo de cidade

A reforma urbana de Pontevedra, iniciada en 1999 guíase por un concepto de cidade no que o ser humano e as súas actividades sexan os absolutos protagonistas da vida urbana. As coordenadas dese modelo son as seguintes:

— Gañar espazo público. A chave para conseguilo estivo na peonalización de amplos espazos e os límites impostos á abusiva presenza do automóbil nos espazos públicos. A peonalización do Centro Histórico foi a primeira acción, que foi continuada coa maior parte das rúas comerciais da cidade.

— Cohesión social. A cidade ten que ser o marco axeitado para a maioría das actividades sociais, tanto económicas como de lecer ou consumo, respondendo a un modelo de calidade, con diversidade de funcións urbanas, actividades dirixidas ao conxunto da poboación e servizos públicos avanzados.

— Dinamismo económico. Potenciar a vocación terciaria da cidade tradúcese en que o modelo debe responder ás necesidades comerciais, financeiras, de servizos profesionais e da función pública, pero tamén aos da industria, contribuíndo a xenerar no seu entorno solo industrial axeitado para a actividade empresarial. A recuperación da cidade segundo o novo modelo serviu tamén para recuperar o seu dinamismo demográfico, económico e vital.

— Respecto e recuperación do medio ambiente. O saneamento integral da cidade foi unha das grandes prioridades do modelo, hoxe prácticamente completada. Grazas a esta acción, Pontevedra convertiuse na primeira cidade de Galiza cun tratamento integral das augas, que se devolven ao medio nas mellores condicións. A cidade aspira a trasladar unha fábrica contaminante ubicada nun recheo da ría, e planifica o seu urbanismo co máximo respecto ao medio e aos parámetros da sustentabilidade. O programa Monte Vivo incide na recuperación do medio forestal coa progresiva substitución do eucalipto por bosques autóctonos, de maior valor e diversidade ambiental.

— Accesibilidade. A reforma urbana persegue unha cidade guiada pola accesibilidade universal. Tivo en conta sobre todo as necesidades de mobilidade das persoas que máis dificultades teñen, ben por ter que utilizar sillas de rodas ou outros elementos, ben pola súa idade, porque utilizan carriños de bebés, etc. Deseñando a cidade para eles, queda apta tamén para o resto da cidadanía, conseguindo así unha cidade para todas e todos.

Documentos
Unha cidade de premio Mellor a pé Mejor a pie Better on foot Camiñar resolve Caminar resuelve Especial La Voz de Galicia sobre modelo de cidade

O TEMPO

Pontevedra, ES
cielo claro
18.3 ° C
20 °
17 °
72%
3.1kmh
0%
Xov
29 °
Ven
19 °
Sáb
18 °
Dom
19 °
Lun
21 °
X