O Trotacontos chega aos centros de ensino da cidade

71

O Trotacontos é unha actividade de promoción do galego na lingua oral e escrita así como da promoción do traballo en grupo, tanto nas aulas como entre distintos centros educativos do concello de Pontevedera, que conta coa colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello.

O conto vai pasando polos diferentes centros e aulas, onde os nenos e nenas completan a historia. Hai un conto feito polos alumnos/as de educación infantil e outro polos de primaria; este ano o primeiro fala dun avó que fai unha emocionante viaxe no seu tractor e, o segundo, dunha viaxe por África. O conto imprímese e dáselle a cada participante un exemplar no acto de presentación

En total participaron 200 nenos e nenas de educación infantíl (EEI Fina Casalderrey, CEIP de Parada-Campañó, Lérez, Xeve, Verducido e Campolongo) e 300 de primaria (CEIP de Marcón, Parada-Campañó, Lérez, Xeve, Verducido e Campolongo)

A presentación do Trotacontos 2012 vaise realizar en cada centro participante, os días 19, 20 e 21 de xuño. Unha "mensaxeira" chegará ao centro para reforzar a importancia do traballo en grupo, do uso do galego como lingua de creación literaria, e darlle aos nenos/as cadanseu exemplar.