Pontevedra recibe o máximo galardón do Center for Active Design

145

O Center for Active Design acaba de facer públicos os gañadores da segunda edición dos premios Excellence no que a cidade de Pontevedra recibe o galardón de maior categoría dos premios resultando ser o “leadership” ao ser un pioneiro no movemento do “Deseño activo”, tal e como o entende o Center for Active Design. Estes premios recoñecen o papel transformador que o deseño de edificios e espazos públicos desempeñan para abordar a “epidemia de enfermedades crónicas”.

Xunto a Pontevedra, comparten premio outras dez experiencias mundiais que se poden consultar no web do premio: https://awards.centerforactivedesign.org/

Están as cidades Nova York con experiencias no Bronx, no barrio de Queens, ou o edificio da academia de Policía da cidade. E ouras experiencias nas cidades de Chicago, Albulquerque, Tulsa en Oklahoma, New Haven en Connecticutc. Tamén se premia unha iniciativa ciclista na cidade de Estambul e outra na cidade de Albuquerque, entre outras.