Os certificados de empadroamento xa se poden descargar online

60
  • Esta opción, que é de balde, está habilitada desde esta mañá e pode accederse con sistema cl@ve ou cun contrasinal expedido polo propio Concello

Tanto os certificados como os volantes de empadroamento xa poden descargarse, desde esta mañá, desde a páxina da Sede Electrónica do Concello. Trátase dun trámite gratuíto que permite acceder a estes documentos e descargalos en formato pdf de forma inmediata.

Para realizar este trámite é necesario dispoñer dunha identificación electrónica por calquera dos métodos admitidos polo sistema cl@ave, tales como o certificado electrónico, DNIe, cl@ve pin ou cl@ve permanente. Tamén pode accederse a través dun usuario e contrasinal expedido polo propio Concello nas dependencias municipais de Michelena 30 (para solicitude e obtención de contrasinal non é preciso pedir cita previa).

Coa identificación electrónica é preciso acceder, dentro da páxina da Sede Electrónica, ao apartado ‘Padron de habitantes’ do menú ‘as miñas xestións’. 

Os certificados e volantes de empadroamento son documentos acreditativos da residencia habitual de un ou varios habitantes e poden ser individuais ou colectivos. Os individuais refírense tan só a unha persoa, mentres que os colectivos indican a relación de habitantes nunha vivenda. Estes últimos documentos tamén son coñecidos como certificado ou volante de convivencia.

Os certificados e volantes de empadroamento, nas súas dúas modalidades, expídense habitualmente para múltiples trámites, como por exemplo, a tarxeta sanitaria, matrimonio civil, parellas de feito, DNI, vivendas de protección oficial, convocatorias de bolsas ou cursos