- A Concellaría de Festas, que dirixe Carme da Silva iniciou nestes días a colocación do alumeado de Nadal en distintas rúas da cidade. Hoxe mesmo, en Michelena.
- Entre as novidades da decoración de Nadal está prevista a instalación dunha campá en Barcelos, bolas na praza do Hospital e en Monte Porreiro, ou mantos de luz nas prazas de Méndez Núñez e da Leña.
- Por vez primeira, máis de 80 rúas da cidade terán iluminación de Nadal.
A Concellaría de Festas iniciou nestes días a colocación do alumeado de Nadal en distintas rúas da cidade para que estea listo o vindeiro venres, 4 de decembro, cando está previsto que se poña en marcha. A pesar de que Pontevedra vive momentos tristes pola situación da pandemia, a concelleira Carme da Silva quere que a iluminación de Nadal, ao igual que todos os anos, mellore o ánimo dos veciños e veciñas de cara a estas festas tan familiares e entrañables.
A Concellaría redobrou esforzos para que a cidade ofreza a súa mellor imaxe tanto colocando arcos, iluminando farois e arborado e instalando elementos decorativos de Nadal en 81 rúas e prazas da cidade, incluso en zonas que até o de agora non dispoñían de ningún destes elementos.
A día de hoxe xa está instalada toda a iluminación do centro histórico, para a cal a concellaría conta coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, e tamén está colocada noutras rúas como Josefina Arruti ou María Victoria Moreno. Hoxe comezou a instalación no centro da cidade, como na rúa Michelena.
Ademais da instalación de arcos e da iluminación de farois, a decoración de Nadal deste ano terá elementos coñecidos e algunha novidade.
Está prevista a colocación de 8 paneis de felicitación de festas nas entradas á cidade, a instalación dunha árbore artificial da Ferraría de 20 metros e a iluminación das camelias da praza de Ourense. Tamén no centro histórico está prevista a instalación dunha árbore artificial de 10 metros na praza de Méndez Núñez, así como a iluminación do Teatro Principal, do Pazo da Cultura, da Casa Consistorial e do edificio administrativo do Concello, Michelena, 30. Tamén se volverán a iluminar as árbores da praza de San Xosé e a árbore do cruzamento das rúas Uxío Novoneira, Eduardo Pondal, Gorgullón e Xermán Adrio Sobrino. Á praza da Audiencia e a Daniel de la Sota volverán as bolas xigantes de Nadal.
As novidades
Tamén están previstas as seguintes novidades: a instalación dunha campá de grandes dimensións na praza de Barcelos, a colocación de dúas bolas de Nadal máis ás habituais: unha na praza do Hospital e outra no barrio de Monte Porreiro.
Á Parda levarase unha árbore de Nadal e as prazas da Leña e de Méndez Núñez terán un manto de luz.
Unha das grandes novidades desta edición será a iluminación da gran árbore que preside a entrada á Alameda, situada á esquerda da estatua dos Heroes de Ponte Sampaio.
As rúas e prazas
Nesta ocasión a Concellaría decorará 81 rúas da cidade entre arcos e motivos de iluminación nos farois. As rúas e prazas son:
- Rúa Oliva
- Rúa Benito Corbal
- Rúa Santa Clara
- Rúa Cobián Roffignac
- Paseo de Colón
- Rúa Daniel de la Sota
- Rúa Echegaray
- Rúa Estribela
- Rúa Fondavila
- Barrio da Seca:
- Rúa Garcia Camba
- Rúa Joaquín Costa
- Rúas Loureiro Crespo e Casimiro Gomez
- Avenida de Lugo
- Rúa Marques de Riestra
- Rúa Marquesa
- Rúa Michelena
- Monte Porreiro
- Avenida Peregrina
- Ponte Sampaio
- Rúa Rosalía de Castro
- Rúa Sagasta
- Rúa Virgen del Camino
- Rúa Xeneral Gutierrez Mellado
- Rúa Fray Juan Navarrete
- Andres Muruais
- Curros Enríquez
- Verdura
- Praza do Peirao
- Don Gonzalo
- César Boente
- Sarmiento
- San Román
- Soportais da Ferraría
- Fernández Villaverde
- Manuel Quiroga
- Rúa Real
- Serra
- Princesa
- Avda Santa María
- Rúa Alta
- Bastida
- Alfóndega
- Rúa Alameda
- Rúa Santa Clara
- Rúa San Antoniño
- Glorieta Compostela
- Praza da Ferraría
- Cobián Areal
- Uxío Novoneira
- Glorieta Loureiro Crespo
- Praza Orense
- Rúa San Roque
- Avenida de Vigo
- Avenida Eduardo Pondal
- Maria Victoria Moreno
- Xeneral Rubín
- Plaza de España
- Avenida 12 de Novembro
- Fernando Olmedo
- Josefina Arruti
- Rúa Estación
- Rúa da Estrada
- Xoán Carlos I
- Praza de Barcelos
- Plaza de Galicia
- Augusto García Sánchez
- Castelao
- Blanco Porto
- Cruz Gallástegui
- González Besada
- Rúa dos Ferreiros
- Raíña Victoria
- Pintor Virxilio Blanco
- Urbano Lugrís
- Manuel Colmeiro
- Hermida Fariña
- Javier Puig
- Victor Cervera
- José Millán
- Álvarez Limeses