Trece empresas presentan ofertas para o proxecto de renovación da rúa da Torre

13
  • O orzamento de adxudicación ascende a 91.499,99 euros e o prazo de execución é de 1 mes 
  • Inclúe a rehabilitación integral do firme con plataforma única, o calmado do tráfico e a renovación da iluminación pública

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías informou está mañá que, tras a primeira mesa de contratación, o número de ofertas para o proxecto de renovación do pavimento da rúa da Torre ascende a trece. Trátase dunha actuación que ten un orzamento de adxudicación de  91.499,99 euros e un prazo de execución de 1 mes.

Gulías lembrou que este proxecto se enmarca no plan de actuacións no Barrio do Burgo, no que se está a destinar un investimento total de 2.850.000 euros co obxecto de “seguir traballando cos mesmo estándares de calidade cos que estamos traballando no resto desta zona”. 

O proxecto da rúa da Torre supón unha rehabilitación integral con plataforma única, calmado de tráfico e a renovación da iluminación pública. Neste sentido, a portavoz do Goberno explicou que unha mellora incluída nesta adxudicación é a colocación de 26 puntos de luz para mellorar cualitativamente a iluminación neste espazo público.

Relación de empresas que presentaron ofertas para este proxecto:

  • Asfagal Técnicas Viarias S.L.
  • Construcciones Caldevergazo S.L.
  • Conctrucciones E.C. Casas S.L.
  • Construcciones Fechi S.L.
  • Construcciones, obras y viales S.A. (COVSA)
  • Construcciones Vale S.L.
  • Edigrup Glogal S.L.
  • Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa S.L.
  • Narom S.L.
  • Nemesio Ordóñez S.A.
  • Obras y Saneamiento Galicia S.L.
  • Sodein Soluciones Integrales S.L.
  • Vias y Servicios Compostela S.L.