Pontevedra ofrece unha programación de Nadal “para levantar o ánimo das persoas”

737
  • Está previsto o acendido da iluminación de Nadal, a creación do poboado de Nadal na Ferraría con stands de produtos de Nadal, a visita dos Reis Magos, maxia, música e teatro
  • Todas as actividades de rúa serán itinerantes para evitar aglomeracións de persoas e se escolle o Teatro Principal como escenario da programación infantil.

A Concellaría de Festas que dirixe Carme da Silva presentou esta mañá a programación de Nadal que comezará este venres co acendido da iluminación de rúa, e que se prolongará até o vindeiro 10 de xaneiro polo centro da cidade, os barrios e as parroquias.

Carme da Silva aclarou que “dende a área de Festas considerabamos que tiñamos que esforzanos en facer unha programación en Nadal deste ano que contribuíse a levantar o ánimo ás persoas, sendo conscientes das dificultades e das medidas de seguridad, para que fósemos un pouco máis felices”.

Tamén indicou que esta programación obedece a que “é necesario inxectar recursos económicos no sector cultural, un dos máis afectados por esta situación” e tamén inxectar recursos no comercio local.

A programación de Nadal que se presentou hoxe vai ter dous escenarios principais: as rúas e prazas de toda a cidade, e outro o Teatro Principal. “Optamos por facer unha programación segura e intensa”, explicou a concelleira, que terá música, animación, circo, maxia… “e para que sexan seguros optamos para que sexan espectáculos itinerantes polos barrios e rúas da cidade, para evitar posibles aglomeracións e problemas de aforos”.

Dende o 4 de decembro, 9 grupos que van facer máis de 30 espectáculos itinerantes: Charanga OT, Charanga Mil9, Pablo Méndez, Barafunda, Rivel, Armonium… No outro escenario, o Teatro Principal, estará a programación infantil con dous pases e nove espectáculos diferentes de 4 compañías: Baobab Teatro, Migallas…

Carme da Silva asegurou que “é unha honra poder organizar esta programación de actividades itinerantes con grupos que son de Pontevedra e a súa contorna e poder contribuír con esta programación a manter un sector tan afectado como o cultural e o dos espectáculos en vivo”.

Este Tempo de Nadal comeza este venres, 4 de decembro, ás 18.30 horas co acendido da iluminación de Nadal na cidade. Ilumínanse máis rúas ca nunca (81) e disporá de máis motivos de Nadal ca nunca. Ademais das árbores de Nadal na Ferraría e Méndez Núñez; iluminación do Teatro Principal, das árbores da praza de San Xosé, árbore de Eduardo Pondal; Pazo da Cultura, Casa Consistorial, Michelena 30. Bolas xigantes en Daniel de la Sota e na praza da Audiencia. Póñense como novidades unha campá xigante en Barcelos, bolas de Nadal na praza do Hospital e en Monte Porreiro; árbore de Nadal na Parda; reforzo da iluminación do centro histórico: manto de luces en Méndez Núñez e na praza da Leña; iluminación da Araucaria de 27 metros da Alameda.

O ámbito da Ferraría disporá de elementos decorativos propios do Nadal e algunha que outra sorpresa na Praza de Ourense.

Ese día arranca con animación de rúa, a partir das 18.30 horas, polo centro histórico a cargo de Pablo Méndez Performance. Pasacalles de Fadas Máxicas e Marionetas do Nadal.

O resto da programación:

  • Xoves, 10 de decembro
    • SORPRESA no ámbito do Pazo da Cultura.
  • Sábado, 12. Animación de rúa
    • 12:00 Nelson Quinteiro. Centro histórico. Os Apalpadoriños
    • 12:30 CHARANGA MIL9. Barcelos, Santa Clara e Centro Histórico
    • 16:30 CHARANGA MIL9. Rosalía de Castro, Campolongo  e Centro Histórico
  • Xoves, 17 de decembro. O poboado de Nadal e Tirolina
    • O poboado de Nadal na Ferraría. 
      • Escenas de Nadal na contorna da árbore da Ferraría a modo de photocall
      • 15 casetas de produtos de Nadal (a maior parte procedentes do comercio local): elementos de decoración para árbores, ilustracións de Nadal, gravados, xabóns naturais de Nadal, decoracións de Mesa, brezos, girnaldas, postais, axendas, contos de nadal, nacementos, árbores, turróns, panettone, mazapáns, chocolate quente… e outros moitos produtos de Nadal. (4 das casetas son gastro)
      • Recinto pechado con seguridade e control de aforos. Medidas prevención Covid.
    • Tirolina da Raíña Vitoria:
      • 150 metros de lonxitude con medidas de prevención Covid.
      • Elementos de decoración de Nadal ambientando a praza.
  • Venres, 18 de decembro. Animación de rúa
    • 12:00 CHARANGA OT Centro Histórico, Peregrina, Alameda
    • 16:00 CHARANGA OT. Eduardo Pondal, Virxe do Camiño, Centro Histórico
  • Sábado, 19 de decembro. Animación de rúa
    • 12:00 TROULA ANIMACIÓN. O Séquito do Carteiro Real.  Centro
    • 16:00 TROULA ANIMACIÓN. O Séquito do Carteiro Real Virxe do Camiño, Peregrina
  • Martes, 22 de decembro. Animación de rúa
    • 12:00 TROULA ANIMACIÓN O Mundo do Circo. Zona A Parda, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Daniel de la Sota
    • 16:00 TROULA ANIMACIÓN O Mundo do Circo. Michelena, Centro Histórico
  • Mércores, 23 de decembro. Animación de rúa + Música
    • Animación de rúa
      • 12:00 BARAFUNDA ANIMACIÓN. A Esmorga dos Trasnos. Centro Histórico
      • 12:30 NELSON QUINTEIRO. Os Apalpadoriños. O Burgo, Mercado
      • 16:00 BARAFUNDA ANIMACIÓN. A Esmorga dos Trasnos. Rosalía de Castro, Centro Histórico
    • Música (Pazo da Cultura)
      • “Concerto de Nadal” da Banda de Música de Salcedo
  • Xoves, 24 de decembro. Animación de rúa
    • 12:00 RIVEL ANIMACIÓN. Duendes de Nadal. Centro Histórico, Michelena, Peregrina
    • 12:30 LA FIESTA ESCENNICA. PINGUINS. Centro Histórico
    • 16:30 LA FIESTA ESCENNICA. O Circo. Campolongo, Rosalia de Castro, Alameda
  • Sábado, 26 de decembro. Animación de rúa + Programación infantil
    • Animación de rúa
      • 12:00 CHARANGA OT. Monte Porreiro
      • 12:30 NELSON QUINTEIRO. FLASHTOP ELFOS. Centro Histórico, Peregrina, Oliva, Rosalia de Castro
      • 16:00 CHARANGA OT. A Parda, Loureiro crespo, Barcelos, Centro Histórico
    • Programación infantil 
      • Ás 12h e 18h. Pavís Pavós, “Contos para escorrentar o frío”
  • Domingo, 27 de decembro. Programación infantil.
    • Ás 12h. e 18h. da man de Pavís Pavós “Contos da Marquesa”
  • Martes, 29 de decembro. Animación de rúa + Programación infantil
    • Animación de rúa
      • 12:00 NELSON QUINTEIRO. Os Apalpadoriños. Avenida de Vigo, Peregrina, praza de España
      • 16:00 NELSON QUINTEIRO. Os Apalpadoriños. Centro Histórico, Barcelos
    • Programación infantil
      • Polo Correo do Vento
        • 12:00h. Periplo de Nadal
        • 18:00h. O esquío rampante.
  • Mércores, 30 de decembro (zona centro). Animación de rúa
    • 12:00 PABLO MÉNDEZ PERFORMANCE. Bolas de Nadal
    • 12:30 PABLO MÉNDEZ PERFORMANCE. Faunos
    • 16:00 PABLO MÉNDEZ PERFORMANCE. Bolas de Nadal
    • 16:30 PABLO MÉNDEZ PERFORMANCE Faunos
  • Xoves, 31 de decembro. Animación de rúa + Programación infantil
    • Animación de rúa
      • 12:00 BARAFUNDA ANIMACIÓN. Fantasía do Nadal. Castelao, Cruz Gallástegui, Daniel de la Sota, Peregrina
      • 16:00 BARAFUNDA ANIMACIÓN. Fantasía do Nadal. Santa Clara, Barcelos, Centro Histórico
    • Programación infantil
      • Ás 12:00h. “O Lobo e a lúa” de Baobab Teatro
  • Venres, 1 de xaneiro. Música
    • 1 de xaneiro “Concerto Aninovo” da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra con pase dobre ás e 18 e 20h. Pazo da Cultura
  • Sábado, 2 de xaneiro. Animación de rúa + programación infantil
    • Animación de rúa
      • 12:00 CHARANGA MIL9. Monte Porreiro
      • 12:30 RIVEL ANIMACIÓN 
        • Trasnos de Nadal, Centro Histórico
        • Boneco Animado, Rosalia de castro, Alameda, Oliva
      • 16:00 CHARANGA MIL9. A Parda, Loureiro Crespo, Barcelos, Centro Histórico
      • 16:30 RIVEL ANIMACIÓN
        • Trasnos de Nadal,  a Parda, Loureiro crespo, Barcelos
        • Boneco Animado, Centro Histórico
    • Programación infantil
      • Ás 12 e 18h. “Merenda con pan de millo” de Migallas.
  • Domingo, 3 de Xaneiro. Programación infantil
    • 12 e 18 horas. Cantacontos de Migallas
  • Martes, 5 de Xaneiro. REIS
    • Nas parroquias ás 10.30: Alba, Verducido, Santo André de Xeve, Santa María de Xeve, Monte Porreiro, Bora, Campañó, Cerponzóns, Lérez; 16:00 horas: A Canicouva, Lourizán, Marcón, Mourente, Ponte Sampaio, Salcedo e Tomeza
    • Música e animación de rúa cada hora:  ás 11, 12, 13, 16, 17, 18 e 19 horas. 8 grupos distintos e 5 actuacións consecutivas no mesmo ámbito.
  • Sábado, 9 de Xaneiro. Programación infantil
    • 12 e 18 horas. Pum pum de Baobab Teatro
  • Domingo, 10 de xaneiro. Programación infantil
    • 12 e 18 horas. Luppo de Baobab Teatro.