Aprobada licenza para rehabilitación dun edificio con destino a albergue turístico no centro histórico

16
  • A Xunta de Goberno local tamén aproba licenza para as obras necesarias para a instalación dun restaurante dunha coñecida marca americana na avenida de Lugo

A Xunta de Goberno local vén de conceder, na súa sesión desta mañá, licenza de obras de rehabilitación, acondicionamento e instalación de edificación con destino a albergue turístico nun inmoble situado na rúa do Arco.

Segundo as características básicas do proxecto presentado no Concello, trátase dunha parcela de 81 metros cadrados, con planta baixa e dous andares superiores. O orzamento de execución deste proxecto ascende a 91.827,85 euros.

Na mesma sesión, tamén se aprobou a licenza urbanística para realizar as obras consistentes na demolición das construcións existentes e construción, acondicionamento e instalación dun restaurante duna coñecida marca americana, na avenida de Lugo número 89. Neste caso, o orzamento de execución ascende a 450.750,54 euros.