Comeza a instalación da tirolina de 150 metros de lonxitude en Raiña Victoria

26

Abrirase ao público o venres, 18 de decembro en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas .

Dende as 07.00 desta mañá, a Concellaría de Festas, que dirixe Carme da Silva, está a instalar a tirolina de 150 metros de lonxitude no tramo peonil de Raíña Victoria. É unha das atraccións máis agardadas deste Tempo de Nadal, que se abrirá ao público a partir do venres, 18 de decembro.

A primeira hora comezouse a descargar e instalar a estrutura da atracción que se irá completando ao longo da semana coa colocación de lonas, iluminación e decoración de Nadal.

Abrirase o venres, 18 de decembro, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas.

O acceso a esta atracción de feira será coa presentación de tickets do comercio local, xa que unha das liñas de actuación de todos os departamentos do Concello que organizan actividades neste Nadal é favorecer a compra no comercio local.

Os protocolos Covid están garantidos, como en todas as actividades que organiza a Concellaría de Festas, tal e como se ten demostrado no pasado verán, por exemplo. As persoas non terán necesidade de facer colas, xa que se lles entregará un número e cando saia na pantaia informativa poderán acceder para subirse á tirolina.