A Concellaría de Xestión de Residuos que dirixe Raimundo González realizará mañá un zafarrancho de limpeza extraordinario no estacionamento de bordo situado na intersección da rúa Juan Carlos I con Losada Diéguez, situado ao carón do conservatorio de Música.
A limpeza consiste na roza da maleza que ten a parcela por un dos seus extremos así como a limpeza e retirada de entullos, residuos…
Os traballos faranse tanto con maquinaria de limpeza como a man.
Para a mellor limpeza da parcela, os traballos están anunciados dende o pasado venres, e prohibirase o estacionamento a partir das 22.00 horas de hoxe, luns.
A Concellaría solicita a colaboración dos condutores que empregan este espazo para estacionar para que respecten a sinalización, e tamén para evitar posibles danos aos vehículos coa maquinaria que se vai a empregar no zafarrancho.