Abre o prazo para a presentación de propostas para as primeiras Noites Abertas on-line

45

O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña explicou que o prazo rematará o 30 de decembro, e as Noites Abertas celebraranse entre febreiro e maio.

Para participar será necesaria a inscrición previa a través da web www.noitesabertas.gal.

A Concellaría de Xuventude que xestiona Alberto Oubiña vén de presentar a convocatoria de Noites Abertas para o ano 2021, coa que o Concello de Pontevedra leva enchendo 22 anos as noites dunha alternativa de lecer para a mocidade entre 12 e 30 anos.

A consecuencia da pandemia, a edición deste ano obriga a reformular o programa tal e como se coñecía até o de agora, segundo explicou o concelleiro Alberto Oubiña, polo que todas as actividades serán dixitais, agás as que sean ao aire libre. 

Son actividades soltas de unha ou dúas horas de duración que se desenvolverán entre febreiro e maio, e todas van a requerir inscrición previa a través da web de Noites Abertas por primeira vez na historia do programa.

Dende hoxe ábrese o prazo para que todas a persoas que queiran participar creando actividades para o programa, o poidan presentar. Este prazo de actividades rematará o vindeiro 30 de decembro.

No mes de xaneiro reunirase a comisión que seleccionará os proxectos. A escolla terá en conta que sexan propostas interesantes para a mocidade, constructivas, lúdicas, participativas e viables online.

Alberto Oubiña destacou que Noites Abertas “é un programa que se adapta con facilidade aos cambios e é moi maleable”, de aí a facilidade para facer a convocatoria deste ano.

O concelleiro tamén fixo mención á estrana convocatoria do ano 2020 que estaba prevista para celebrar en 8 fins de semana pero só se pudieron organizar catro, xa que se pechou o 7 de marzo, despois do entroido.

En 2020, de non ter parado, teriamos unha edición de récord.

Alberto Oubiña, concelleiro de Xuventude.

Até aquel momento pasaran polas Noites Abertas 1.439 persoas “e de non ter parado, tiñamos unha edición de récord” explicou o concelleiro porque se rexistraba unha media de 360 persoas cada fin de semana, cando no ano 2019 a media foi de 279 persoas.

No ano 2020 presentáranse 152 propostas e escolléranse 95. Parte das que non se puideron poñer en marcha en Noites Abertas, fixéronse en Ponteverán, outras non tiveron cabida, polo que a Concellaría agarda poder rescatalas nesta edición.