O concelleiro de obras anunciou hoxe que o seu departamento traballa na construción dunha escaleira dende a rúa Urbano Lugrís ao estacionamento de bordo situado detrás do Torrrente Ballester.
A obra de Médico Ballina está practicamente rematada á espera da instalación dos bancos que disporán de resplado e repousa-brazos de madeira.
A Concellaría de Obras está a reforzar nestes días a seguranza viaria na rúa Xoán Carlos I para corrixir algúns defectos que fai case un ano causaron un accidente de tráfico na zona na que se viu implicado un escolar do Sagrado Corazón que resultou ileso.
O concelleiro Demetrio Gómez, responsable do departamento, explicou esta mañá que a raíz do accidente os técnicos municipais revisaron toda a rúa e dectectaron varios elementos a corrixir. Por un lado a acometida dos catro pasos de peóns aos que hai que facer “orellas”, así como a recolocación dos farois dado que foi o motivo do accidente.
Ao mesmo tempo, a obra tamén inclúe adaptar a beirarrúa diante do colexio Sagrado Corazón facéndoa máis ampla e evitar situacións de perigo ás saídas e entradas. Para iso elimínanse tres prazas de estacionamento.
Escaleira en Urbano Lugrís de acceso ao estacionamento de bordo
O concelleiro tamén explicou esta mañá que o seu departamento traballa en crear un novo acceso ao estacionamento de bordo situado na traseira do instituto Torrente Ballester. Trátase de construír unha escaleira dende a rúa Urbano Lugrís o que permitirá reurbanizar un tramo de vía pública que está sen acondicionar nesta zona.
Mobiliario urbano en Médico Ballina
Finalmente, Demetrio Gómez tamén explicou que o Concello xa ten rematada case toda a obra de Médico Ballina, onde se levantou un pano de beirarrúa porque estaba en moi mal estado e onde está prevista a colocación dos bancos que disporán de respaldo e repousa-brazos de madeira.