Concello e Zona Monumental perfilan a próxima convocatoria de Supera21

19

Solicitaron, como novidade, que os afectados se poidan presentar a varias convocatorias, que se poidan imputar gastos anteriores á publicación das axudas ou que se realice unha campaña de dinamización das rúas do centro histórico.

O Concello de Pontevedra continuou hoxe a rolda de contactos cos sectores afectados pola Covid para perfilar as vindeiras axudas Supera21. Nesta ocasión a portavoz do Goberno, Anabel Gulías, acompañada das concelleiras Yoya Blanco e Eva Vilaverde se reuniron co Centro Comercio Aberto Zona Monumental nun encontro cordial, colaborativo e con puntos de encontro.

Ao igual que coa reunión mantida onte coa Plataforma de afectados coa Covid, chegaron a acordos sobre a subvención á dixitalización, de reformas e acondicionamentos de locais, de medidas de protección da Covid, campañas publicitarias ou material de servizo a domicilio. Tamén chegaron a acordos sobre incrementar os prazos de xustificación, incrementar o anticipo do pago ou sobre a cota de veladores.

A maiores tamén acordaron a posibilidade de que os solicitantes se poidan presentar a varias convocatorias, que se poidan imputar gastos anteriores á publicación da convocatoria e que se realice unha campaña de dinamización das rúas da zona monumental, cando a pandemia o permita.