O alcalde traslada a Iñaki Bretal os parabéns pola súa primeira estrela Michelín

24

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao chef do Eirado da Leña, Iñaki Bretal para felicitalo pola recente concesión da súa primeira estrea Michelín polo establecemento situado na praza da Leña de Pontevedra. O alcalde estivo acompañado do tenente de alcalde, Tino Fernández e da concelleira de Promoción económica, Yoya Blanco, nesta recepción.
Aínda que xa lle tiña enviado os seus parabéns persoalmente na xornada de onte, o alcalde quixo recibilo na Alcaldía para amosarlle o apoio do Concello e agradecerlle que grazas ao seu excelente traballo e ao do seu equipo, esta mención sirve para que Pontevedra teña un oco en tan recoñecido club.