O Concello ordenará esta semana o pago de 500.000 euros das axudas Supera20

86

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías explicou que se aceptaron 8 alegacións, polo que a contía final supera o medio millón de euros e o número de solicitudes aceptadas sitúase en 166.

O Concello de Pontevedra fará unha achega de máis de 500.000 euros á economía local a través das primeiras axudas Supera20, segundo informou esta mañá a portavoz do Goberno, Anabel Gulías, quen explicou que nos vindeiros celebrarase unha Xunta de Goberno para ordenar o pago destas 166 axudas aprobadas.

Inicialmente estaban concedidas axudas por valor de 481.919 euros, antes de responder as 11 alegacións presentadas. Aceptadas 8 reclamacións, a contía final das axudas quedou fixada en 507.567,13 euros para 166 axudas, é dicir, unha media de máis de 3.000 euros por subvención.

Anabel Gulías explicou que a todas as solicitudes se lle concedeu a contía que solicitaban, unha media de máis de 3.000 euros por subvención. Esta contía estará nos petos dos solicitantes na semana que vén, “e Pontevedra é das primeiras administracións que poñen liquidez no peto dos sectores afectados”.

A maior parte das solicitudes, até o 30%, procederon da hostalaría da cidade que representan máis de 170.000 euros do total.