O Salón escollerá a un/unha profesional da ilustración galego/a para deseñar o cartaz da XXII edición.

8
  • A convocatoria permanecerá aberta ata o 6 de xaneiro no correo ilustra@salondolibro.gal
  • As persoas interesadas poden remitir a ese correo o seu portfolio con non menos de 10 nin máis de 30 ilustracións de recente creación e temática infantil-xuvenil
  • O/A seleccionado/a terá un máximo dun mes, a partir do momento de comunicación da súa escolla, para presentar a súa proposta de cartel acorde ao lema “Emerxencia literaria: libros para salvar o planeta”
  • Toda a información no web salondolibro.gal

A situación de emerxencia a partir da crise da COVID 19 fixo que a organización do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra decidise, este ano, suspender a convocatoria do Premio Internacional de Ilustración do Salón e, como medida de apoio ao sector creativo galego, escoller a un/unha profesional da ilustración galeg@ para deseñar o cartel da XXII edición do Salón.

A escolla farase en base aos portfolios de ilustración recibidos ata o 6 de xaneiro de 2021 (hora máxima: 23.59h -hora de Galiza) no email ilustra@salondolibro.gal entre ilustradores e ilustradoras galegos ou ilustradores doutra procedencia que residan e realicen a súa actividade profesional en Galiza.

Os portfolios participantes na convocatoria deberán presentarse nun dossier en formato pdf que contará con non menos de dez ni máis de trinta ilustracións escollidas entre o seu traballo recente (con independencia de que esas imaxes foran ou non publicadas) e que consideren que máis poden encaixar co público infantil e xuvenil ao que vai destinado o Salón e coa temática (ecoloxía e cambio climático ) da vindeira edición “Emerxencia literaria: libros para salvar o planeta”, que se celebrará entre o 5 e o 21 de marzo de 2021.

O dossier deberá contar tamén cun breve CV onde se indique lugar de nacemento e lugar de residencia actual e, no caso de exceder o 6 megas de peso, deberase facer a través de envío de enlace de descarga de wetransfer ou servizo similar..

A organización do Salón valorará a calidade técnica, compositiva, a adecuación ao público infantil e xuvenil das obras, o universo creativo do artista e a potencialidade do seu traballo, independentemente da súa traxectoria previa. Terase en conta a orixinalidade e a capacidade comunicativa do conxunto da seu traballo.

A persoa seleccionada terá un máximo dun mes, a partir do momento de comunicación da súa escolla, para presentar a súa proposta de cartel, adaptado á plantilla base do cartel, cun tamaño do arquivo 40x60cm (con 3mm de sangrado por cada lado), Formato: TIFF Resolución: 600 ppp. Modelo de cor: CMYK. Antes de entregar a ilustración final, o ilustrador/a seleccionado proporcionará á organización do Salón un bosquexo ou varios bosquexos do mesmo, que terá que ser aprobado pola dirección artística do Salón. A ilustración resultante deste proceso será a imaxe do cartel da edición de 2021 do Salón.

Toda a información sobre as condicións da convocatoria está a disposición das persoas interesadas en www.salondolibro.gal