A tenda de roupa de muller Nalatcha gaña o Concurso de Escaparates de Nadal impulsado por #PonteLovers e Promoción Económica

129
  • Os comercios Sunset Boulevard e Creciendo Juntos Elvi fanse co segundo e terceiro premio deste certame, no que participaron 96 establecementos e os pontevedreses emitiron 11.450 votos

A tenda de roupa de muller Nalatcha, situada na rúa da Oliva, proclamouse, con 1.016 votos, gañadora do Concurso de Escaparates de Nadal impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo a través da plataforma #PonteLovers en colaboración coa firma Sra. Nona Brand. Os comercios do sector téxtil Sunset Boulevard (938 votos) e Creciendo Juntos Elvi (828 votos), ubicados na rúa Peregrina e nas Galerías da Oliva, fixéronse respectivamente co segundo e terceiro premio deste certame, no que participaron 96 establecementos e no que foron rexistrados un total de 11.450 votos emitidos por 9.255 persoas únicas (unha mesma persoa podía votar a varios escaparates).

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, destaca tanto o “tremendo nivel de creatividade, imaxinación e traballo despregado polos responsables dos negocios como a elevadísima participación da xente a través das redes sociais: o concurso foi compartido en Facebook 2.107 veces e a galería de escaparates recibiu 19.639 visitas únicas entre o 21 e o 28 de decembro”. “Os decorados e instalacións de Nadal que fixeron algúns negocios son tan fermosos que moitos cidadáns subiron ás súas propias redes nestes días escolmas de fotografías dos escaparates que máis lles gustaron. Houbo tendas, como as que gañaron, por certo nunha votación moi axustada, que se mobilizaron moito e animaron en todo momento a clientes, familiares e amigos a implicarse no concurso para acadar a maior visibilidade posible dos seus comercios. E ese é precisamente o principal obxectivo deste tipo de campañas”, subliña a concelleira socialista.

Yoya Blanco achegarase mañá ata Nalatcha, Sunset Boulevard e Elvi para poñer nos escaparates os vinilos que acreditan a estas tendas como as tres primeiras clasificadas do Concurso de Escaparates de Nadal de #PonteLovers e Promoción Económica.

Por outra banda, o departamento que dirixe Blanco tamén deu a coñecer os nomes d@s afortunad@s aos que lles tocaron, por sorteo aleatorio entre @s participantes na votación do concurso, os 20 cheques regalo por valor de 25 euros que poderán trocar nas tendas inscritas no certame a partir do día 2 de Xaneiro. Segundo explica a concelleira do PSOE, “para poder validar os cupóns de desconto creouse un portal de validación con acceso privado a través de contrasinal e usuario únicos para os 96 locais que tomaron parte no certame, de xeito que, cando un cliente queira trocar o seu cupón en tenda, terá que presenta-lo mesmo en formato impreso ou amosalo no teléfono móbil”. 

“Para que as tendas comproben que o cheque é correcto e que non foi previamente usado, accederán ao portal de validación identificándose e a continuación introducirán o código do cupón que consta no pdf. A aplicación informaralles de si o cheque é ou non válido. No momento en que un cupón sexa trocado na tenda, a empresa organizadora (Sra. Nona Brand) recibirá un aviso da aplicación que lle indicará en que tenda foi trocado, de cara a poder abonarlle a parte correspondente a este establecemento”, sinala Yoya Blanco.

A lista de 20 agraciad@s sería a seguinte (con 5 suplentes, por se alguén non contestase ou renunciase ao premio):

  1. Montserrat Fernández Estévez
  2. Kiosco Huno
  3. Bea Pita
  4. Silvia Folgada Padín
  5. Victoria García Moldes
  6. Sai JP
  7. Inés González
  8. Alejo Fernández
  9. Jenny Otero
  10. Carmen Rodríguez Freire
  11. Patricia Villamayor
  12. Mari Gómez Domínguez
  13. Juan Rodríguez Iglesias
  14. Mary Pintos
  15. Richar Barrio Carramal
  16. Sheila Peón Toucido
  17. Raúl Rs
  18. María Viéitez Martínez
  19. Yolanda C. Besada
  20. Rosa García Prieto

Suplentes: Reme Ruiz, Gema Figueroa Blas, Beatriz Ogando Corredoira, Juana Jime e Jacobo Ríos.