A 22 edición dos Domingos do Principal achega 10 espectáculos entre o 17 de xaneiro e o 21 de marzo

86
  • Terán lugar todos os domingos comprendidos entre as datas sinaladas, con dobre pase ás 12 e 18:30h. no Principal
  • Os últimos 3 coincidirán coas datas de celebración do Salón do Libro e estarán relacionados coa súa temática: cambio climático, ecoloxismo, Efecto PO2.
  • As entradas están xa á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 4€ por pase e de non esgotarse na billeteira física de 10 a 11h. e de 16:30 a 17:30h. Non haberá formato abono por mor da COVID.

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá a que será a 22ª edición dos Domingos do Principal, programada en colaboración con Teatro Akatro.

Pese ás complicacións de progrmar actividades nestes tempos nos que “as normas e os aforos van mudando casa de semana en semana e temos que ir adaptándonos, apostamos por incrementar incluso o número de espectáculos deste ciclo que serán 10 na edición 2021, coincidindo os 3 últimos co Salón do Libro e contando cunha temática relacionada. Haberá coma sempre pase dobre, pero non contaremos cos pases escolares por mor da situación actual nin tampouco co formato abono pola mesma razón. Polo resto, seguimos apostando pola cultura poruque coa boa acollida da programación de Nadal no Principal quedou claro que a xente ten ganas de ir ao teatro, especialmente”, apuntou Fouces antes de dar paso a Xacobe Rodriguez para debullar a programación.

Xacobe apuntou á variedade na natureza dos espectáculos é a calidade dos mesmos, salientando que “son espectáculos infantiles-familiares pero ben poderían ser para adultos.” Dende Teatro Akatro, que colaboran levando a cabo a selección da programación e como dixo Fouces “axudando a formar o que serán esixentes públicos adultos” , consideran que conformaron unha programación redonda para edición do 2021

Programa Domingos do Principal 2021 http://www.pazodacultura.org/media/Programa_domingos_2021_v2.pdf