O Alcalde e a concelleira de Cultura, Carme Fouces amosan o seu agradecemento aos patrocinadores do Pazo da Cultura

20
  • Un representante de Froiz e outro de Viaqua acudiron esta mañá á xuntanza de cara a disolución do Pazo.
  • As dúas empresas e unha terceira anónima aportaban mediante a firma dun convenio, unha achega total de 15.000€ anuais
  • Ambas partes – Concello e patrocinadores – amosaron predisposición a manter esta colaboración na forma que sexa posible.

O Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e a Concelleira de Cultura, Carme Fouces mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes de Froiz (Jose Manuel Álvarez á esquerda nas fotos) e Viaqua (Casimiro González á dereita), patrocinadores do Pazo da Cultura (xunto a unha terceira empresa que quere manter o anonimato) por mor da disolución deste.

O encontro tivo lugar para agradecer a colaboración levada a cabo durante todos estes anos “mediante unha achega que formaba parte do orzamento do Pazo. Unha colaboración público-privada de empresas da cidade que queren devolverlle parte dos seus beneficios á cidade na que están a xerar a súa actividade económica”apuntou Lores que e abriu a porta a futuras colaboracións “aínda que ao on existir o Organismo Autónomo como tal, sería con proxectos ou programas concretos”

As 3 empresas, que achegaban un total de 15.000€ anuais mediante un convenio, expresaron o seu interese en manter esta colaboración “na forma que sexa”.