O Local de Música ofrece 2.000 cancións e 120 horas de música para rematar o ano coas propostas dos locais da cidade

14

A través da rede Spotify, os usuarios poderán coñecer as propostas musicais dos seus locais para a noite de fin de ano.

A Concellaría de Xuventude que dirixe Alberto Oubiña vén de activar unha nova proposta musical para este final de ano da man do Local de Música. En colaboración con varios locais de hostalaría da cidade, veñen de crear unha playlist con preto de 2.000 cancións, o que se corresponde cunhas 120 horas de música, que se poderá escoitar no Spotify do Local de Música.

O programa denomínase “esmorga online” e dentro do perfil de Spotify do Local os usuarios poderán ir “de bar en bar” escoitando a selección de música que foi facilitando cada establecemento.

Polo de agora colaboraron nesta acción:

-Cervecería El Bruc: https://spoti.fi/37ZgiU9

-Ye Olde Basset: https://spoti.fi/2KD2YMr

-O Grifón: https://spoti.fi/2MlGlwr

-La Pomada: https://spoti.fi/2L3rPZE

-The Groove House: https://spoti.fi/2Jt5NPk

-Pavero Bar: https://spoti.fi/2L3PBEI

-O Diaño: https://spoti.fi/34Wsbbl

-Ánimas: https://spoti.fi/2KE8v5q

-Sopa de Gallo: https://spoti.fi/2KD3p9x

-Bar A Kaldo: https://spoti.fi/38Kgp4Z

-La Gramola: https://spoti.fi/2WSzn45

Tamén se sumaron Tábula Rasa e Tronko Bar que están pendentes de enviar as súas propostas.

A convocatoria continúa aberta para aqueles locais que desexen enviar a súa proposta. Poden facelo contactando co local de música no correo localdemusica@gmail.com