Catro candidaturas optan aos Premios Cidade de Pontevedra

40
  • Na modalidade de persoa física foron presentadas dúas candidaturas: a futbolista Paula Dapena Sánchez e a mestra Raquel Mera Dios
  • Na modalidade de persoa xurídica tamén se formalizaron dúas candidaturas: o persoal sanitario e sociosanitario de Pontevedra e a Asociación de Veciños Mirador de Monte Porreiro  

O Concello de Pontevedra vén de pechar o rexistro para presentar candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra 2020, co obxecto de recoñecer o labor desenvolvido tanto por persoas físicas como xurídicas no último ano e a proxección de Pontevedra e os pontevedreses e pontevedresas derivada delo. 

Nesta edición foron catro as propostas formalizadas, dúas na modalidade de persoa física e dúas na de persoa xurídica. Son as seguintes:

Persoas físicas:

  • Paula Dapena Sánchez, futbolista e xogadora no Viaxes InterRías FF. Esta candidatura foi presentada pola FANPA de Pontevedra e pola CIG – Secretaría da Muller
  • Raquel Mera Dios, mestra e responsable de educación da Escola de Educación Infantil de Verducido. Esta candidatura foi presentada pola Asociación de nais e pais de alumnas e alumnos San Martiño da EEI de Verducido

Persoas xurídicas:

  • Persoal sanitario e sociosanitario de Pontevedra, presentada pola Federación de Asociacións de Veciños Castelao
  • Asociación de Veciños Mirador de Monte Porreiro, presentada pola Organización de Xordos de Galicia – XOGA

A reunión do xurado está prevista para o vindeiro martes, 12 de xaneiro, e os galardóns entréganse nun pleno extraordinario de honra que terá lugar o 20 de xaneiro, festividade de San Sebastián.