Benestar Social distribuirá 200.000 mascarillas doadas por unha empresa pontevedresa

41
  • Mape Asesores entrega 100.000 mascarillas cirúrxicas e 100.000 reutilizables, que serán repartidas entre as familias que máis o precisan dende a Casa Azul e o Banco de Alimentos
  • O edil socialista Marcos Rey agradece esta doazón tan importante realizada pola firma de Gumersindo Cachafeiro, que ascende a 78.000 €, “neste complicado momento de pico da pandemia”

O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, achegouse esta mañá ata os almacéns da Casa Azul e do Banco de Alimentos para supervisar a chegada de 200.000 mascarillas de protección doadas pola empresa pontevedresa Mape Asesores S.A. ao Concello de Pontevedra. En concreto, a firma situada no Polígono do A Reigosa-O Campiño fixo entrega de 100.000 unidades de mascarillas cirúrxicas e 100.000 unidades de mascarillas hixiénicas reutilizables (ata 10 lavados) valoradas en 78.000 euros.

Segundo explicou o edil socialista, a metade dos palés foron depositados na Casa Azul e a outra metade nos almacéns do Banco de Alimentos, “e dende alí, os elementos de protección serán distribuídos ás familias de Pontevedra que máis o precisan, directamente e a través de diversas entidades sociais”. “Agradecemos enormemente a xenerosa doazón realizada pola firma de Gumersindo Cachafeiro. Estas mascarillas serán de especial utilidade nun momento como o que estamos a padecer, en pleno pico da pandemia en Galicia”, subliñou Marcos Rey.