Boa acollida das reformas de Santiña e Barcelos na Federación Castelao e a Asociación do Burgo

11

A Federación de veciños Castelao e a Asociación de veciños do Burgo coñeceron onte o proxecto de reforma da rúa Santiña nunha reunión mantida co concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, que tamén lles presentou a reforma da praza de Barcelos, un compromiso anterior adquirido polo Goberno Local coa federación.

O concelleiro de Obras confirmou que as dúas reunións realizáronse nun bo clima de colaboración e os proxectos foron ben recibidos polas dúas entidades, que recibiron ambos documentos para que os poidan estudar e facer as achegas que consideren oportunas.

Ao respecto da Federación Castelao, o concelleiro quedou comprometido a ensinar os proxectos de reforma urbana futuros e a explicar o desenvolvemento das obras tanto urbanas como rurais.

Demetrio Gómez continuará coa difusión de ambos proxectos entre os residentes, comerciantes e outros colectivos do ámbito de actuación de Barcelos e da Santiña, sempre respectando os protocolos Covid marcados, polo que parte delas serán telemáticas.