O Concello informa a Audasa das deficiencias da ponte da AP-9 en Mollavao

13

Inspectores municipais visitaron esta mañá o lugar ante as queixas veciñais que alertaban de caída de cascotes.

O Concello púxose en contacto con Audasa para que corrixa o problema.

O Concello de Pontevedra visitou esta mañá a zona de Mollavao, baixo a ponte da autoestrada para facer unha inspección do taboleiro do AP-9 ao paso por este barrio da cidade, e respondendo ás queixas veciñais que alertaban da caída de cascotes.

Os inspectores municipais fixeron unha visita ao lugar. Aínda que non atoparon cascotes, si detectaron deficiencias que xa puxeron en coñecemento de Audasa para garantir as reparacións necesarias e tamén a seguridade das persoas e dos bens. A continuación elaborarán o correspondente expediente por escrito.

Non é a primeira vez que o Concello detecta problemas no taboleiro da ponte da autoestrada. De feito, neste verán Audasa fixo reparacións logo das advertencias municipais.