A situación sanitaria motivou o adiamento do XXII Salón do Libro, que terá lugar o 23 de abril ao 9 de maio

169
  • Programado incialmente do 5 ao 21 de marzo, a concelleira Carme Fouces agarda que “nestas novas datas a situación teña mellorado e o tempo acompañe para poder levar a cabo máis actividades no exterior”
  • Outra das novidades foi o proceso de selección da deseñadora do cartaz que, desta volta e como apoio aos profesionais do país, foi a través de portafolios de artistas galegos/as ou afincados en Galicia
  • Entre as 47 propostas recibidas foi seleccionada a viguesa Aída Alonso que recibirá unha dotación de 3.000 pola encarga.
  • Nesta edición, toda a programación do Salón será de balde para achegar a cultura á cativa e familias, desexosas de actividade cultural tan necesaria para o ánimo nestes momentos.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces compareceu esta mañá para avanzar novidades da vindeira edición do Salón do Libro, que tiña previsto celebrarse entre o 5 e o 21 de marzo, e entre as que se atopan o cambio de datas e de escenario: terá lugar entre o 23 de abril e o 9 de maio e contará coa Illa do Covo como espazo a maiores dos habituais.

“A situación actual e que probablemente se vai prolongar durante un tempo ía impedir que as actividades se levaran a cabo cun mínimo de aforo e cunhas condicións como a nós nos gustaría celebralo, por iso pensamos como solución para este ano  – e incluso valorar para edicións futuras – adiar o Salón do Libro ao 23 de abril, empezando o 23 de abril, Día do Libro e ata o 9 de maio. Son datas nas que agardamos estean as cousas mellor e como queremos traballar en escenarios ao aire libre, temos máis posibilidade de que o tempo acompañe e non fastidiar demasiado as actividades no exterior”

Fouces lembraba na súa intervención a temática da vindeira edición “Emerxencia climática: libros para salvar o Planeta”  moi relacionada coa polírica que o Concello está a levar a cabo con campañas como Efecto PO2, Composta, etc porque “non é que teñamos unha boliña para ver o futuro, senón que razobaos desde todos os ámbitos nos que nos toca xestionar, que o coidado do llaneta e o medioambiente é clave fundamental para poder vivir como seres humanos nun planeta finito. Evidentemente todo este tema da pandemia está fortemente vinculado ao destrozo que estamos a facer no planeta. Este título estaba xa pensando antes da pandemia pero está fortemente vinculado ao que Pontevedra entende como políticas públicas e para todo o mundo”

O consolidado concurso internacional do cartaz do Salón do libro mudou tamén nesta ocasión para apoiar dun xeito contundente ás creadoras e creadores galegos. “O que fixemos foi foi recibir portafolios con traballos xa feitos polos ilustradores e ilustradores e seleccionar xa sobre este traballo en vez de solicitar que todos fagan un cartaz. Entre as 47 propostas foi seleccionada Aída Alonso, de Vigo, que será a que se leve os 3.000 da tradicional dotación do concursos internacional, pola encarga de deseñar o cartaz”, apuntou Fouces que continuou adiantando que esta aposta polos creadores locales e galegos vai ser extensiva á programación do Salón para apoia de xeito contundente  ao sector cultural que tanto está a sufrir por mor da situación.”

Sobre a o desenvolvemento do Salón Carme apuntou que “a cultura debe ser sostible e democrática polo que imos facer parte, xa dende o 2 de abril con pequeñas pilulas en redes – coa experiencia do ano pasado que nos vai dar certa cancha para traballar no ámbito virtual – e loitar todo o que poidamos – de aí o cambio de datas – porque a presencialidade sexa importante e a xente poida asistir físicamente ás actividades do Salón con seguridade e protocolos moi rigorosos: diversificaremos os espazos, o tradicional do interior do Pazo e o exterior para evitar amoreamentos; iremos nós aos coles para achegar o espírito aos centros. Deixamos a porta aberta a visitas escolares – sempre con aforos reducidos e protocolos – pero entendemos que van a ter grandes dificultades para facer saídas e seremos nós o que levemos actividade aos centros. E

Seguindo á liña de que a cultura debe se democráctica e “nestas circunstancias é sanadora e todo o mundo está expectante e desexoso de actividades familiares, porque sobre todo a cativa está a padecer en silencio en con moita resilencia a pandemia, todos os espectáculos van ser gratuitos. Ata agora algunas estreas ou respectáculos de certa embergadura tiña un custo simbólico de 3€ pero este ano imos prescindir totalmente de esa achega e todo os espectáculos van ser de balde para alimentar esa alma e esa mente, que tanta falta nos fai para saír desta situación tan negra na que neste momento aínda nos vemos”