Tino Fernández anuncia “un novo alivio económico de 500.000 euros para os clubs deportivos”

205
  • O tenente de alcalde levará o luns a Xunta de Goberno para a súa aprobación definitiva as subvencións anuais de 2019 e as axudas das Escolas Deportivas Municipais de 2019-2020

“Un novo alivio económico de 500.000 euros estará pronto nas arcas dos clubs deportivos de Pontevedra para paliar a difícil situación que moitos están a atravesar”. Así o anunciou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, que levará o luns a Xunta de Goberno Local para a súa aprobación definitiva os expedientes de resolución das subvencións anuais de 2019 e das axudas relativas as actividades de iniciación desenvolvidas polas Escolas Deportivas Municipais (EDM) no período 2019-2020.

Segundo explicou o edil do PSOE, o importe da achega para financiar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais de 2019 é de 300.000 euros, “unha cifra da que se beneficiarán un total de 64 entidades deportivas”. No que atinxe ás EDM orientadas á poboación en idade escolar, as subvencións sitúanse en 198.901,12 euros, que se repartirán entre 43 equipos pontevedreses. 

“O Servizo Municipal de Deportes xa está a traballar na tramitación das axudas anuais de 2020 e, no que se refire ás de 2021, as Escolas Deportivas non se están a realizar, pero as subvencións anuais si que se poderán convocar, evidentemente con cambios nas bases, xa que moitos clubs están tendo actividade e os que non a teñen ou case non a teñen, están incorrendo en gastos (persoal ou licencias, entre outros). Asemade, ata hai unha semana, as competicións autonómicas estiveron a celebrarse en case tódalas modalidades deportivas, menos en fútbol”, avanzou Tino Fernández.

As entidades declaradas como beneficiarias das subvencións de 2019 son as seguintes (300.000 euros):

Baloncesto Estudiantes Pontevedra, Asociación Club Polideportivo Juan XXIII, Club Naval de Pontevedra, Club Natación Master Pons Vetus, Club Taekwondo Taekanart, Sociedade Deportiva Monteporreiro, Bora Club de Fútbol, ACD A Seca, Billar Club Pontevedra, CAB Pontevedra, Club Galaico Sincro, Escola Xadrez Pontevedra, Cerponzóns CF, Agrupación Juvenil de Lérez, Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Escola de Fútbol Porteiro 2000, Club Tenis de Pontevedra, Agrupación Deportiva Sagrado Corazón, Salgueiriños Club de Fútbol, Club Treboada, Tenis de Mesa Monte Porreiro, SD Teucro, Club Squash Pontevedra, Club Unión Sampaio, Club Natación Galaico, Asociación de Boxeo de Pontevedra, Peña Ciclista Moto Bike, CD Escola Hungaresa de Esgrima, Club Waterpolo Pontevedra, Asociación Temerarias Team, Club Polideportivo Méndez Núñez, Pontevedra Rugby Club, Interpontevedra FS, Club Cisne Balonmán, Club Piragüismo Verducido Pontillón, Club Natación Sincronizada Pontevedra, Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, Integración Deportiva Pontevedra CF, Casino Mercantil e Industrial, Aromon Pontevedra Montañeiros A Roelo, Club de Taekwondo Mace Sport, Leis 26 FS, Judo Club Pontevedra, Mareantes RCP, Club Bádminton Ravachol, Club Río Verdugo de Piragüismo, Club de Fútbol Marcón Atlético, Escudería Pontevedra Team 1984, Club Boa Vila Tiro con Arco, Club de Loita Pontevedra, Club Ximnasia Rías Baixas, Club Fútbol Sala Cidade de Pontevedra, Club As Triscas, Boa Vila Basket, Club Rítmica Xiada, Club Salvamento Acuático Pontevedra (Sapo), CB Arxil, Club Ciclista Farto, Asociación Xuvenil Deportiva Verdugo, San Andrés CF, Sociedade Cultural Deportiva Salcedo, Asociación de Boxeo David Burgos, Club Voleibol Pontevedra e Club Galego Turístico-Cultural Subacuático Sotavento.

No relativo ás EDM orientadas á poboación en idade escolar, os clubs beneficiarios son os que seguen (cun importe de 165.388,35 euros):

Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra, Baloncesto Estudiantes, Club Cisne Balonmán, Agrupación Cultural Deportiva A Seca, Sociedade Deportiva Monteporreiro, Club Taekwondo Mace Sport, CAB Pontevedra, Club Leis 26 FS, SCD Salcedo, Pontevedra Rugby Club, Club Treboada Pontevedra (Ximnasia Acrobática e Ximnasia Rítmica), Agrupación Juvenil de Lérez, Escola de Fútbol Porteiro 2000, Tenis de Mesa Monteporreiro, Escola Xadrez Pontevedra, Sociedade Ximnástica, Club de Tenis Pontevedra (Tenis e Pádel), Salgueiriños Club de Fútbol, Club Voleibol Pontevedra, Aromon Pontevedra Montañeiros A Roelo-Escalada, Aromon Montañeiros A Roelo-Orientación, SD Teucro, CB Arxil, Club Bádminton Ravachol, Atletismo Rías Baixas, Integración Deportiva Pontevedra CF, Judo Club Pontevedra, Casino Mercantil e Industrial (Tenis e Tríatlon).

Para Escolas Deportivas que se desenvolveron en centros escolares das parroquias rurais do Concello destínanse 23.473,18 euros, a repartir entre:

Anpa O Miradorio, Asociación Anpa Xeve, Anpa Bolboreta CEIP Cabanas, Anpa San Martiño da EEI Verducido, Anpa O Areeiro do CEIP San Benito de Lérez, Anpa San Pedro do CEIP Parada-Campañó, Anpa Os Campos da EEI Fina Casalderrey e Anpa Os Valados do CEIP Vilaverde.

Asemade, outorgáronse axudas por valor de 10.039,59 euros para Escolas Deportivas Municipais para grupos especiais a:

Baloncesto Estudiantes Pontevedra, CE Polideportivo Juan XXIII, Club Polideportivo Méndez Núñez e Club Natación Galaico.