A ‘Rara pero San Silvestre’ despídese entregando 55 agasallos entre os seus participantes

32
  • Os agraciados nos sorteos leváronse 10 camisetas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, 20 mochilas da tenda Miler Vintage Running Club e 10 roscóns e 10 vales de Panaderías A’Devesa

A ‘Rara pero San Silvestre’, impulsada pola Sociedade Ximnástica de Pontevedra e a Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, despídese desta edición tan especial dando a coñecer os nomes dos agraciados nos sorteos celebrados grazas ás achegas realizadas polos seus patrocinadores. Así, a proba repartiu un total de 55 fantásticos agasallos: 10 camisetas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, 20 mochilas da tenda Miler Vintage Running Club e 10 roscóns e 10 vales de Panaderías A’Devesa.

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, agradeceu “a implicación e esforzo dos mecenas que fixeron posible que, nun contexto tan complicado, unha das probas máis senlleiras da nosa cidade saíse igualmente adiante grazas a un formato moi orixinal”. “Houbo un traballo inxente detrás desta ‘Rara pero San Silvestre’, que lle debemos ao Servizo Municipal de Deportes, á Sociedade Ximnástica e, como non, á tenda especializada en roupa e calzado deportivo Miler Vintage Running Club e a Panaderías A’Devesa”, subliñou o edil do PSOE.

A ‘Rara pero San Silvestre’ pechouse o pasado 15 de xaneiro cumprindo o obxectivo de manter a ilusión desta ‘clásica’ e promover a actividade física en familia. A pesar da situación sanitaria e do mal tempo que houbo en boa parte de decembro, a proba acadou as cifras de 1.010 persoas inscritas e máis de 10.000 kilómetros percorridos.