A proposta de ‘u+a arquitectura’  resulta a elixida para a rehabilitación da Casa Consistorial

307
  • O xurado cualificador salienta “o altísimo nivel arquitectónico de todas as propostas presentadas” no referente á cualidade formal e artística
  • O Concello convidara a cinco estudos de arquitectura para que presentaran anteproxectos, baseándose na súas traxectorias no relativo restauracións de interese noutros edificios

A proposta de Uña y Amandi Arquitectos para a rehabilitación da Casa Consistorial foi a que resultou elixida, ao acadar a mellor puntuación, de entre as cinco propostas presentadas, todas elas cun “altísimo nivel arquitectónico” no referente á cualidade formal e artística, segundo se recolle na actra do xurado cualificador. 

Convén lembrar que a finais do pasado exercicio, o Concello convidara a cinco estudos de arquitectura atendendo ás súas traxectorias no relativo a restauracións de interese noutros edificios. Os estudos que presentaron propostas foron Garitanaindía, RVR Arquitectos, Uña y Amandi Arquitectos, Rodríguez Pintos Arquitectos e  Creus e Carrasco Arquitectos. (Nun inicio tamén fora convidado Mauro Lomba, que presentou a proposta fóra de prazo, polo que non foi valorada).

Sobre a proposta elixida, presentada polo estudo ‘u+a arquitectura’ formado por Gracia Amandi e Jorge de Uña, o xurado salienta “a coherencia no deseño cos usos previstos dos distintos espazos do edificio”, ao tempo que “desenvolve o programa cun respecto exquisito á preexistencia do edificio e aos seus valores históricos”. 

No relativo ás necesidades de inclusividade e accesibilidade, un dos principais desafíos  da rehabilitación, o xurado indica que “a totalidade das propostas presentadas inclúen as medidas necesarias para a implantación da accesibildiade universal do edificio”. 

Unha vez coñecida a proposta gañadora, está previsto que nas vindeiras semanas a concelleira de Réxime Interior, Anabel Gulías faga públicas as principais características e solucións que achega sobre o programa de necesidades proposto. Cabe lembrar que as necesidades que se plantexaban de inicio estaban relacionadas coa accesibilidade do edificio e coa reorganización xeral dos espazos. Así, as propostas debían contemplar dúas entradas (pola praza de España e pola rúa da Alhóndiga) e a rehabilitación da primeira planta para acoller o Salón de plenos, unha sala de comisións, unha sala de recepcións protocolarias, unha sala de usos polivalentes, un almacén e aseos. Na planta baixa seguirán operando as actuais oficinas de Servizos Técnicos precisa, e a planta do semisoto seguirá acollendo os arquivos municipais mentres non se adopte unha solución para o seu traslado, e no futuro será destinada a albergar dependencias de carácter sociocultural.