O convenio entre Concello e AGADIC trae a Pontevedra 10 obras teatrais

16
  • Supón unha achega de 19.745,40 euros por cada unha das entidades asinantes e corresponde á programación teatral do primeiro semestre do ano

A Xunta de Goberno local vén de aprobar o convenio entre o Concello de Pontevedra e AGADIC para a xesitión da programación da rede galega de teatros e auditorios que corresponde ao Teatro Principal e ao Auditorio do Pazo da Cultura no primeiro semestre do ano. 

En virtude deste acordo, ambas entidades asinantes fan unha achega de 19.745,4 euros cada unha para a representación de 10 obras de teatro. Os gastos de representación destas obras que non sexan cubertos con estas achegas, correrán a cargo dos ingresos da billeteira. Estas 10 representacións teatrais, que xa deberían estar en cartel, foron adiadas e serán reprogramadas en función da situación sanitaria e en canto as restricións derivadas da mesma o permitan. 

Cabe salientar que este convenio chega por primeira vez á Xunta de Goberno posto que en anos anteriores era asinado desde o organismo autónomo do Pazo, máis coa disolución do mesmo este tipo de tramitacións pasan a ser incorporadas á tramitación ordinaria administrativa do Concello.