Adxudicada a ampliación do cemiterio de San Amaro

18
  • O orzamento de adxudicación ascende a 458.856,20 euros e o prazo de execución é de 4 meses desde o inicio dos traballos
  • Esta ampliación supón a construción de 312 columbarios e unha sala para celebrar cerimonias funerarias destinada a distintos credos e cerimonias laicas

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra vén de aprobar a proposta de adxudicación da amplicación do cemiterio de San Amaro, que saíra a licitación por 474.656,54 euros. O proxecto, para o que presentaran ofertas 5 empresas, foi adxudicado a Acevi por un orzamento de 458.856,20 euros e terá un prazo de execución de 4 meses desde o inicio dos traballos.

Convén lembrar que esta actuación se corresponde coa primeira fase de execución do proxecto “Voltar á terra” , na que están previstas tres tipo de infraestruturas distintas: 

  • Unha sala para celebrar cerimonias funerais destinada a distintos credos e mesmo a cerimonias laicas, o que convertirá San Amaro nun dos primeiros cemiterios en contar cunha sala destas características. 
  • A construción de 312 columbarios de distinto tipo, tanto en estruturas verticais que confoman columnas como no chan, distribuídos do seguinte xeito:
    • 88 de chan 
    • 13 columnas de 4 columbarios 
    • 20 columnas de 5 columbarios 
    • 12 columnas de 6 columbarios 
  • A instalación de dúas obras artísticas: un conxunto escultórico da autoría do escultor e ceramista Daniel Caxigueiro e un mural da autoría da artista plástica Amelia Palacios. 


A intervención desta primeira fase afectará aproximadamente a 2.500 metros cadrados dos 6.000 dos que dispón a parcela, quedando a superficie restante xa acondicionada con pradeira e preparada para acometer unha fase posterior.