Volve a programación teatral con Domingos do Principal

11
  • A versión libre de ‘Hansel y Gretel’, recomendada para crianzas a partires de 6 anos, será representada nas dúas sesións deste domingo
  • As tres obras que non se puideron representar nas pasadas semanas por mor das restricións derivadas da situación sanitaria, foron reprogramadas para abril e maio

O vindeiro domingo a versión libre de ‘Hansel y Gretel’ a cargo de Borobil Teatroa (Guipuzkoa) chegará ao Teatro Principal nas sesións das 12h e das 18:30h. Deste xeito, retómase o programa Domingos do Principal, adaptándoo aos aforos permitidos e que entraron en vigor o pasado 17 de febreiro. 

Neste momento, xa están esgotadas as localidades para o patio de butacas da sesión das 12h, se ben aínda quedan algunhas no anfiteatro. Para a sesión das 18:30h aínda quedan localidades tanto no patio de butacas como no anfiteatro. Poden adquirirse anticipadamente en Ataquilla.com ou na billeteira física de 10 a 11 para a sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 para o pase das 18:30h. A obra, que ten unha duración de 50 minutos, está recomendada para crianzas a partir de 6 anos.

O programa Domingos do Principal continuará, a partires de agora, coa programación prevista e engade tres xornadas, nos meses de abril e maio, nas que foron reprogramadas as obras que quedaron sen representar por mor das restricións sanitarias. 

O programa, de manterse a situación sanitaria, queda do seguinte xeito:

  • Domingo 28 de febreiro. COMPANYIA LA TAL: “ITALINO GRAND HOTEL”
  • Domingo 7 de marzo. COMPAÑÍA BORJA YTUQUEPINTAS: “JOJO”
  • Domingo 14 de marzo.  AJIDANHA: “SEMENTE. O HOMEM QUE PLANTAVA ÁRVORE
  • Domingo 21 de marzo. MARKELIÑE: “CRUSOE”
  • Domingo 4 de abril. HIGIÉNICO PAPEL TEATRO: “RIQUETE EL DEL COPETE”
  • Domingo 11 de abril. EXCÉNTRICAS E TEATRO DO ADRO: “CARTOÓNS”
  • Domingo 2 de maio. EMEDOUS: “CONTACREQUES”