Aprobada licenza para fornecer de enerxía con biomasa os centros educativos da Xunqueira

8
  • Constuirase unha nave de 265 metros cadrados que acollerá unha sala de caldeiras e almacenamento de biomasa, así como a rede de distribución de enerxía térmica aos diferentes centros educativos

A Xunta de Goberno local vén aprobar a licenza de obras para a construción dunha nave para a instalación de caldeiras de produción de enerxía térmica don biomasa, así como a rede para a distribución para os centros educativos da Xunqueira.

A licenza contempla a construción da nave, cunha superficie de 265,65 metros cadrados, que funcionará como edifico de sala de caldeiras e de almacenamento de biomasa., así como a execución da rede de distribución aos centros. O orzamento ascende a 666.211 euros e a licenza urbanística a 6.662 euros.

Os centros educativos aos que chegará a rede de distribución de enerxía térmica con biomasa con os seguintes: CIFP Xunqueira, CEIP  Xunqueira II e o seu pavillón, IES Xunqueira I e o seu pavillón, CEIP Xunqueira e o seu pavillón, Escola de Idiomas, CEFORE, e IES Xunqueria II.