Mañá comeza o formigonado do cruzamento de Antón Fraguas, Gonzalo Gallas e Loureiro Crespo

23

Prohibirase o acceso a estas rúas, agás aos garaxes dos edificios até o vindeiro martes, 2 de marzo.

As rúas terán dobre sentido de circulación polo que se prohibirá o estacionamento.

A Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos tivo coñecemento esta mañá do novo avance das obras da rúa Loureiro Crespo. O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez explicou que está previsto para mañá, 24 de febreiro, as obras de formigonado do cruzamento de Antón Fraguas, Loureiro Crespo e Gonzalo Gallas. O peche prolongarase até o vindeiro martes, 2 de marzo.

Esta actuación obrigará a pechar o tráfico nesa intersección. Para evitar problemas, a Policía Local creou un dispositivo especial de mobilidade rodada na zona para dar servizo a todos os veciños e veciñas xa que as rúas quedarán pechadas ao tráfico rodado, agás os accesos a garaxes.

Ademais, nestas rúas habilitarase dobre sentido de circulación polo que se prohibirá o estacionamento.

Os accesos ás urxencias do Hospital quedan garantidos a través de Cobián Areal e da praza do Hospital.

As condicións meteorolóxicas son as que están marcando o ritmo da obra, xa que para o formigonado é preciso que non chova, segundo explicou Demetrio Gómez.