A revisión de itinerarios peonís centra as actuacións de mantemento de espazos públicos urbanos

12
  • Actouse de xeito intensivo nas beirarrúas de Pedro Sarmiento de Gamboa, Rodríguez Seoane, Ponte Boleira, no tramo da avenida de Vigo comprendido entre a rúa Sagasta e a avenida María Victoria Moreno, no barrio da Seca e en Augusto García Sánchez
  • En marzo están programadas actuacións en Luis Braille, Padre Fernando Olmedo, Xoán Manuel Pintos, Paio Gómez de Soutomaior, e no paseo peonil no tramo entre a avenida de Uruguai e avenida de Marín

A Concellaría de Sostemento de Espazos Públicos Urbanos, xestionada por Eva Vilaverde, realizou a práctica totalidade das actuacións previstas para os meses de xaneiro e febreiro, a pesares de que as condicións metereolóxicas destes meses ralentizaron algúns dos traballos programados.

Así, no relativo ao plan de revisión de itinerarios peonís realizouse unha exhaustiva revisión de beirarrúas e plataformas de convivencia peonil en varias zonas da cidade, co obxecto de subsanar todos os desperfectos ocasionados polo seu uso continuado, pola climatoloxía ou por outros factores. Neste apartado, actuouse de xeito intensivo en varias rúas completas: Pedro Sarmiento de Gamboa, Rodríguez Seoane e Ponte Boleira. Tamén se actuou no tramo da avenida de Vigo comprendido entre a rúa Sagasta e a avenida María Victoria Moreno, en varias rúas do barrio da Seca e na rúa Augusto García Sánchez (na contorna da praza de Galicia). Nesta última rúa, foron reparadas e substituídas máis de 250 lousetas, o que supuxo un importante labor de mantemento preventivo.

Tamén se realizaron arranxos, máis puntuais, en beirarrúas e elementos do mobiliario urbano nas rúas Benito Corbal, Cobián Roffignac, Faustino Santalices, Alcalde Hevia, Armórica, rúa da Historia, Nova de Arriba, Amargura, avenida de Santa María, Augusto González Besada, Laranxo, na rotonda de Pintor Laxeiro con Conde Bugallal, na varanda de Eduardo Pondal con Camiño de Ferro, Peregrina, Michelena, e na contorna da fonte dos Nenos.

En canto á rehabilitación integral da capa de rodadura xa finalizaron as actuacións programadas nas rúa das Fragas, José Malvar, Palamios, e Daniel de la Sota. Tamén se realizaron intervencións puntuais menores nas rúas Martín Códax, Pintor Laxeiro, Rosalía de Castro, avenida Bos Aires, San Amaro, Médico Ballina, Doce de Novembro, e rúa do Corpo Santo. Neste apartado, quedan pendentes, e suxeitos á metereoloxía, os traballos de pintado destes viais.

Entre os traballos que se viron ralentizados polo mal tempo, cabe mencionar o arranxo e impermeabilización das escaleiras de acceso desde a praza da Liberdade á rúa Gagos de Mendoza, que continúa en execución.

De cara ao mes de marzo, a previsión continuar co plan de revisión de itinerarios peonís  completos nas rúas Luis Braille (actualmente en execución), Padre Fernando Olmedo, Xoán Manuel Pintos, Paio Gómez de Soutomaior, e paseo peonil no tramo entre a avenida de Uruguai e avenida de Marín.

Tamén se prevé actuar, con intervencións máis puntuais, nas beirarrúas de Alcalde García Filgueira, Grecia, Camiño Vello de Castela, Almirante Matos, avenida de Uruguai, e na contorna das prazas de garaxe en Eduardo Pondal.