Comezan as obras do novo acceso ao aparcadoiro de bordo detrás do IES Torrente Ballester

18
  • A actuación supón construír unha escaleira desde a rúa Urbano Lugrís ata o estacionamento de bordo e acondicionar un tramo de vía pública

A Concellaría de Obras Públicas, que xestiona o concelleiro Demetrio Gómez, vén de dar comezo ás obras do novo acceso ao aparcadoiro de bordo situado destrás do IES Torrente Ballester. Esta intervención, que conta cun orzamento de 47.960 euros e corre a cargo da empresa E.C. Casas, permitirá crear un acceso peonil diferenciado da entrada de vehículos, mellorarando a seguridade viaria, e urbanizar un tramo de vía pública.

As obras consisten en habilitar unha escaleira de aproximadamente 30 metros de lonxitude ao longo dun treito de terreo de 8 metros de desnivel, polo que as escaleiras terán 3 tramos de altura. Ademais, no punto no que as escaleiras conectan coa rúa Urbano Lugrís reurbanizarase ese pequeno tramo para reconvertilo nunha pequena praza.