Seis empresas optan a reformar as instalacións do parque de bombeiros

13

O orzamento deste investimento supera o medio millón de euros e permitirá ampliar os espazos de convivencia, así como toda a zona administrativa.

As empresas terán 4 meses para a execución das obras.

Seis empresas optan a realizar os primeiros traballos de reforma e acondicionamento do parque de bombeiros, nos que o Concello fará un investimento de 529.792,23 euros para reformar as zonas comúns seguindo o procedemento de emerxencia derivado das zonas comúns. O prazo de execución da obra é de 4 meses dende a sinatura do contrato.

As empresas que presentaron oferta son:

  • Actividades de construcción, edificación y viales: 508.096,50 euros
  • Prace Servicios y Obras: 446.508,23 euros
  • Obras y Servicios Gómez Crespo: 477.868,93 euros
  • Construcciones Castro Figueiro: 480.093,03 euros
  • Probisa Vías y Obras: 476.740,00 euros
  • Asistencia y soluciones de arquitectura e ingeniería: 423.729,90 euros

A Mesa de Contratación do Concello reuniuse esta semana para abrir os sobres administrativos e tamén a oferta económica presentadas polas empresas, e volverá a xuntarse nos vindeiros días unha vez que estea valorado o proxecto técnico por parte das oficinas municipais.

O proxecto de remodelación do parque busca ampliar os espazos de descanso do persoal dividíndoo en habitacións, cociña, baños e vestiarios, con todas as instalacións de electricidade, calefacción e saneamento.

Tamén se reformará a parte administrativa dándolle unha nova distribución.