Aberto o prazo das axudas á rehabilitación de vivenda nos centros históricos de Pontevedra e Estribela

29
  • O investimento total para as dúas áreas ascende a 324.507 euros, e as actuacións previstas serán de 15 no centro histórico de Pontevedra e de 28 en Estribela.

O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) vén de publicar as bases das subvencións para a rehabilitación de vivenda nos centros históricos de Pontevedra e de Estribela. Trátase da cuarta fase da Área de rehabilitación integral do centro histórico de Pontevedra e a novena do núcleo de Estribela. O investimento total das dúas áreas para o ano 2021 ascende a 324.507 euros, achegados polo Ministerio de Vivenda e a Xunta de Galicia. As actuacións previstas serán de 15 no centro histórico de Pontevedra e de 28 en Estribela.

Area de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU)ActuaciónNº actuaciónsAchega MinisterioAchega Xunta
ARRU/ARI Conxunto Histórico 4ª FaseRehabilitación1094.828 €23.707 €

Edificación/Renovación5150.000 €20.000 €

Total Conxunto  Histórico15244.828 €43.707 €
ARRU/ARI núcleo de Estribela 9ª FaseRehabilitación2830.172 €5.800 €


Estas subvencións están destinadas a cubrir parte dos gastos da execución das obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns. Serán beneficiarios propietarios, comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios, os consorcios e entes asociativos de xestión, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso.

As persoas interesadas poderán solicitar a súa axuda no prazo de 2 meses a contar  desde o día seguinte da publicación destas bases no BOPPO, isto é, contados a partires de mañá, venres 12 de marzo.

A situación actual

A día de hoxe as Áreas de Rehabilitación integral declaradas en Pontevedra presentan a seguinte situación.

  • Centro histórico. Vai tramitar as subvencións da cuarta fase. Nas tres anteriores realizáronse 143 actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas, o que supón un total de subvencións outorgadas a particulares de 1.084.693,51 euros.

Ao respecto da urbanización-reurbanización de espazos públicos, están executadas 5 actuacións e está previsto executar una nova no 2021-2022. 

  • No que respecta ao ARI de Estribela, que chega no ano 2021 á súa novena fase, ten executada a rehabilitación de 302 vivendas ou edificios de vivendas, o que supón un total de subvencións outorgadas aos particulares de 1.428.848,55 euros.

Ao respecto das urbanizacións e reurbanizacións de espazo público, están executadas 13 e está previsto executar una nova no 2021-2022.