Pontevedra homenaxea ás vítimas de Covid no primeiro ano de pandemia

8
  • ‘A lembranza é a nosa forza. Sairemos adiante. 15-3-20 / 15-3-21″ é o lema da pancarta despregada esta mañá no balcón da Casa Consistorial

“Cremos que hai que recordar porque a memoria é fundamental” asegurou o alcalde de Pontevedra esta mañá tras participar no despregue da pancarta de homenaxe ás vítimas da Covid con motivo do primeiro ano desde que se declarara o estado de alarma. Miguel Anxo Fernández Lores indicou que con este acto público se pretende “recordar á xente que nos deixou e a todas as persoas que teñen efectos secundarios depois de padecer Covid”. Tamén se referiu aos falecementos por causa da Covid como “moi tristes, na medida en que nin sequera foron acompañados polos seus familiares e cremos que neste aniversario é conveniente acordarse de todos eles”. 

Fernández Lores estivo acompañado no despregue da lona polo tenente de alcalde, Tino Fernández, polas concelleiras Pilar Comesaña e Pepa Pardo, por unha representante da Fanpa, Alba Bouzón, e polo presidente da Agrupación de Protección Civil, Hermenegildo Novoa. Tamén estaba convidada a Federación de Asociación de Veciños Castelao, que non puido asistir, por ser unha das entidades que promoveran a candidatura do persoal sanitario e sociosanitario aos premios Cidade de Pontevedra. 

“Neste acto queriamos tamén homenaxear á xente que máis activamente colaborou e puxo da súa parte para combater a pandemia” asegurou Fenández Lores en relación aos colectivos convidados e tamén ao de profesionais da Sanidade que ademais de serlle concedido o Premio Cidade de Pontevedra recibiron “a homenaxe no seu momento, que cremos que foi sentido por parte de toda a poboación que foi a que saiu a aplaudir espontaneamente na rúa o seu traballo”.

Sobre o lema da pancarta, ‘A lembranza é a nosa forza. Sairemos adiante. 15-3-20 / 15-3-21″, o alcalde tamén quixo facer fincapé en que coa lembranza das vítimas “tamén seguiremos loitando e polo tanto seguiremos adiante”. Neste sentido, explico que neste momento “hai unha redución nos casos activos e, se mantemos as medidas de restrición mentres non se avanza na vacinación, hai unha esperanza de que poidamos saír desta pandemia nun prazo razonable de tempo”. Ademais, lembrou que o Concello seguirá traballando activamente e facendo “un esforzo económico importante no mantemento do espazo público, dos espazos infantís, con achegas do Plan Supera, e con orzamentos moi potentes de reactivación económica”

Balance expedientes denuncias

A portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías, tamén asegurou que na Xunta de Goberno local as primeiras palabras foran de lembranza para as vítimas e persoas que sufriron a Covid. Como cada luns, tamén ofreceu os datos relativos a denuncias derivadas do non cumprimento das restricións derivadas das situación sanitaria da pasada semana e tamén do período comprendido desde o 14 de marzo de 2020 ata o 14 de marzo de 2021.

Período 14-3-20 / 14-3-21: tramitáronse un total de 1.567 expedientes de denuncias a un total de 1.137 persoas.

Número reincidentesNúmero denuncias Total denuncias
11919
11212
2816
4728
8648
13565
19476
403120
1342268
9151915
TOTAL 1567

Durante este período recibíronse na centraliña da Policía Local máis de 25.000 chamadas, a maioría solicitando información sobre os cambios na normativa e nas restricións derivadas da pandemia.

Período do  8 ao 14 de marzo de 2021: 

Total denuncias: 29

De luns a xoves: 16

De venres a domingo: 13

INFRACCIÓNDe luns a xovesDe venres a domingoNúm Denuncias
consumir vía pública279
Máscara347
Non convivinte505
Peche perimetral 22
Rebasar horario vía pública 606
TOTAL161329

As persoas denunciadas por non respectar o peche perimetral procedían de Valencia e Asturias.