#PonteLovers e La Boda de Nerea visten de gala a Finca Batacos para a Showroom de Vodas e Comuñóns desta fin de semana

35
  • Ata a data xa confirmaron a súa participación nesta pasarela, que será conducida en directo pola presentadora e colaboradora de Land Rober Eva Iglesias, 26 firmas provedoras
  • A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, desprazouse esta mañá ata a Finca Batacos para supervisar os preparativos do Showroom en compañía de Mar Calvar e Gustavo Sobral

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, achegouse esta mañá ata a Finca Batacos para supervisar a marcha dos traballos preparativos e de montaxe do Showroom de Vodas e Comuñóns que esta fin de semana acollerán as espectaculares instalacións situadas na parroquia de Salcedo. A edil socialista, que estivo acompañada polo xerente de Mochi, Gustavo Sobral, e pola responsable de La Boda de Nerea, Mar Calvar, asegurou sentirse “moi ilusionada coa celebración desta nova pasarela de moda, realizada en colaboración coa firma especializada en grandes eventos La Boda de Nerea e a plataforma #PonteLovers, para a que ata a data xa confirmaron a súa participación un total de 26 casas provedoras”.

O Showroom de Vodas e Comuñóns desenvolverase en dúas xornadas, o sábado 20 e o domingo 21 de marzo, e será retransmitido en streaming dende o maxestoso escenario da Finca Batacos, que lucirá as súas mellores galas para a ocasión. O evento será conducido en directo pola presentadora, actriz e cantante Eva Iglesias, colaboradora do programa de televisión Land Rober-Tunai Show, que realizará entrevistas a cada un dos responsables dos comercios locais participantes e á propia concelleira Yoya Blanco (o sábado ás 16:00 horas).

Ademais dunha pequena exposición dos artigos e servizos dos establecementos implicados na iniciativa, o showroom ofrecerá desfiles de comuñón, noiva, lencería, tocados ou ramos de noiva, nos que os comercios poderán poñer en acción o seu traballo. 

Outro dos atractivos desta pasarela de moda, que será emitida en streaming en horario de 16:00 a 20:00 horas a través das canles de Youtube e as redes sociais de La Boda de Nerea, #PonteLovers, Eva Iglesias e o Concello de Pontevedra, consistirá na presenza do chef Iñaki Bretal, cociñeiro do Eirado da Leña, flamante primeiro Estrella Michelin de Pontevedra, que tamén protagonizará unha das entrevistas.

As firmas que xa confirmaron a súa participación na pasarela son: Pattuka, Tendencias Floristería, Merypuch, Moma Shoes, Papaya Studio, Mepiachi, Nalatcha, Betty Peluquerías, Isa Baltasar, Iñaki Bretal, Forever, Nail Bar Pontevedra, Nuria Nerga Nails & Makeup, Merchy Gómez, Rafa Prieto, Kousiñas, Wedding Events & Planning, Maddy Novias, Isa Naveiro, Beni Feijoo, Peluquería Cacharela, Magic of London, Ma Petite, Lagasca Vintage, As Feitiñas de Nuria Aguilar e Floristería Peregrina.

‘Cámbiame’: un cambio de imaxe integral a unha voluntaria

Entre as novidades do evento organizado pola Concellería de Promoción Económica e La Boda de Nerea en colaboración con #PonteLovers inclúese unha sección denominada ‘Cámbiame’, que permitirá someter a unha muller voluntaria a un cambio de imaxe, tanto por dentro como por fóra, da man da coach e asesora de imaxe Thesisismess (Sonia Felpete). Nesta parte da programación tamén se lle dará un importante protagonismo ás tendas locais, posto que serán elas as que colaboren cos seus produtos, dándolle deste xeito unha publicidade engadida ao comercio de Pontevedra.

“Farémoslle a unha muller voluntaria un cambio completo de imaxe en directo: de pelo, corte, maquillaxe e mesmo de xeito de vestir. Sonia, de Thesisismess, realizará ademais deste cambio físico, un cambio emocional, que traballará a esta muller desde o seu interior. Nestes días estamos xa a visitar as tendas que van participar neste ‘Cámbiame’ para valorar as prendas que teñen e axudar a promocionalas, pero o cambio definitivo vaise producir este domingo 21, ao longo de todo o día”, sinalou Mar Calvar.

Yoya Blanco agarda que “esta nova pasarela da era da emisión online supere incluso o rotundo éxito que tivo a de PonteModa Nadal, xa que ten tódolos ingredientes e atractivos para facer que os pontevedreses a sigan dende as súas casas”. “Non vai defraudar”, avanzou a concelleira de Promoción Económica e Turismo.

A escaleta prevista para a pasarela será a seguinte:

Sábado 20

Presentación do evento

Entrevista a Yoya Blanco

Entrevista a Nuria Nerga 

Entrevista a Floristería Peregrina 

Desfile de convidadas e madriña de Nalatcha e Mepiachi

Entrevista a Nalatcha

Entrevista a Kousiñas

Entrevista a Iñaki Bretal 

Entrevista a Merypuch 

Desfile de Ramos de noiva e tocados 

Entrevista a Forever

Entrevista a Betty Peluquerías 

Entrevista a Rafa Prieto

Entrevista a Isa Baltasar

Desfile de Lencería de Isa Baltasar 

Entrevista a Papaya Studio

Entrevista a Nail Bar Pontevedra 

Entrevista a Pattuka

Desfile de noiva de Pattuka 

Entrevista a Wedding Events & Planning 

Despedida 

Domingo 21

Presentación do evento

Entrevista a Ana Ginzo con Thesisismes e Betty Peluquerías 

Entrevista a Magic of London

Desfile de arras de Magic of London 

Entrevista a Isa Naveiro

Entrevista a Maddy Novias

Desfile de comuñón de Maddy Novias 

Entrevista a Peluquería Cacharela

Entrevista a Lagasca Vintage e As Feitiñas de Nuria Aguilar

Entrevista a Ma Petite

Desfile de comuñón de Ma Petite 

Entrevista a Beni Feijoo

Resultado do ‘Cámbiame’ en directo e charla de Thesisismes 

Tódolos desfiles e entrevistas serán dinámicos, desenvolvéndose á par que os espectadores poderán ir vendo como avanza o ‘Cámbiame’ en directo.