Cacheiro estrea centro social

102
  • Trátase dun edificio de nova construción e cunha solución arquitectónica singular para adaptala á un terreo complicado de pequenas dimensións e en pendente

O Concello de Pontevedra vén de poñer a disposición da veciñanza o centro social do lugar de Cacheiro, na parroquia da Canicouva, un edificio de nova construción cunha solución arquitéctonica moi singular que, en palabras do alcalde “se integra perfectamente dentro do propio núcleo”. 

Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta mañá o remate da obra deste centro social acompañado polos concelleiros Raimundo González e Alberto Oubiña, por parte do equipo municipal de servizos técnicos, por responsables do estudo de Arquitectura Garitaonaindía que realizou o proxecto, por representantes da empresa Acevi que executou a obra e por unha representación veciñal. 

O alcalde salientou “o aproveitamento que se fixo dun espazo complicado cun plantexamento moi moderno”, así como a función que cumpri´ra de “xuntanza para todos os veciños de Cacheiro, cun resultado final moi atractivo e que vai cumprir perfectamente esa función de convivencia que cohesiona socialmente aos núcleos rurais”. Ademais, Fernández Lores aproveitou a visita para agradecer o traballo de todo o equipo profesional que participou no proxecto e na obra, así como a colaboración da veciñanza.

O centro social está ubicado nunha parcela que xa a veciñanza deste lugar utilizaba para xuntanzas comunitarias e consta dun edificio rectangular dunha soa planta coa fachada sur voada sobre a pista que discorre a carón do muro que delimita o terreo. O edificio inclúe zonas de almacenamento e aseos, e un espazo aberto para xuntanzas e actividades. No exterior, ademais dunha zona de entrada accesible, hai dúas pequenas áreas verdes e unha zona de terraza.

Miguel Anxo Fernández Lores asegurou que se empregaron “materiais de altísima calidade e os métodos máis modernos de construción porque nos equipamentos públicos que facemos non distinguimos que esteamos traballando nun lugar dunha parroquia determinada, nun barrio de Pontevedra ou no centro da cidade”. 

CACHEIRO IV
CACHEIRO I
CACHEIRO III