Zafarrancho de limpeza na Fonte do Corvo con Almirante Matos

15

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, continúa cos zafarranchos de limpeza nos barrios da cidade nesta semana. Nesta ocasión será na Fonte do Corvo con Almirante Matos, no barrio das Corvaceiras.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende o mércores pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.