O Salón do Libro retoma o seu Congreso Internacional de Mediación Lectora en colaboración coa Universidade de Vigo e con formato virtual

146
  • A que será a terceira edición leva por título “Emerxencia literaria: ler en tempos de pandemia” e terá lugar os xoves 22, 29 de abril e 6 de maio de 16:30 a 20h a través do Campus Remoto
  • Contará con 150 prazas e as inscricións, de balde, xa están abertas no web www.salondolibro.gal e para a comunidade docente, a través do CFR.
  • Jordi Sierra, Fran Alonso, Jaume Centelles, Mar Benegas, os proxectos Bubisher, Libros que Unen ou Contos dende Medellín formarán parte desta edición que pechará Luz Gallego “Nenuca” de Seijas.

O III Congreso Internacional de Mediación lectora do Salón do Libro, retorna tras o parón motivado polo confinamento do ano pasado renovando a súa colaboración coa Universidade de Vigo, que achegará o soporte para esta edición virtual mediante o seu Campus Remoto, mentres que Concello – a través da organización do Salón – achegará a intervención de diferentes figuras nacionais e internacionais no ámbito da mediación lectora nun programa deseñado entre ambas institucións. Será os días 22, 29 de abril e 6 de maio e ofertará un total de 150 prazas para as que xa está aberta a inscrición.

Anunciábao hoxe a concelleira de Cultura, Carme Fouces acompañada do Vicerreitor Jorge Soto e Eulalia Agrelo, docente e responsable da Areade Cultura da Universidade de Vigo. Salón do libro espazo literario, o máis grande da cidade e probablemente de Galicia onde teñen lugar moitos encontros co libro mo vehículo e columna vertebral. Como exemplo de colaboración entre administración – unha educativa que é a Universidade e nós, que somos Administración Local –  é o terceiro ano que sacamos adiante este congreso.

Fouces destacou a importanza e pseo que os libros en si mesmos no ámbito da pandemia “foron sanadores, grandes recursos para sobrelevar da mellor maneira posible o que nos estivo, está e serguirá acontecendo. Foron pezas claves para poder desconectar da realidade tanto como ferramenta literaria, como vía de evasión como polo propio cotido dos libros que levan tempo anunciando que setabamos estragando o planeta e podíamos vernos nunha situación como esta, polo tanto non deixemos de ler libros, de formarnos e de telos moi presentes porque aí é onde imos atopar as claves sempre para poder saír de situacións como na que esteamos.

Antes de dar paso a Jorge e Lali, Fouces anunciou que este congreso, que sempre ensalza a importancia da figura do mediador como conexión entre o libro e o público lector,  “fará unha homenaxe especial ao que para nós é clara figura de mediciaón lectora na cidade, Nenuca da libraría Seijas que logo de 40 anos se xubila e perdemos un bastión de mediación lectora da cidade”

Jorge Soto salientou que “despois de non poder realizarse a pasada edición Concello e Vicerreitoría do Campus de Pontevedra reuníronse para buscar formas de sacar adiantes esta 3ª edición “Emerxencia Literaria. Ler en tempos de pandemia” na que tamén contaremos con apoio e persoal investigador de outras univesidades, nacionais e internacionais na organización do comité científico. Peroas relacionadas coa mediación lectora, ilustración, escrita  que a través da transmisión dos seus saberes e experiencias contribuirán á mellora das prácticas relacionadas coa cultura. Agardamos que durante as 3 xornadas do congreso, que terán como soporte o Campus Remoto da univerisade, relatores e participantes atopen espazo para  diálogo, intercambio de ideas e reflexión, así mesmo agardamos que a literatura infantil e xuvenil gañen maior protagonismo na esfera privada e pública”

Lali Agrelo, que recibiu deferentes loubanzas de Carme e Jorge tanto polo seu recente nomeamento como responsable de Cultura do Campus tras a xubilación de Manuel Morquecho, como por todo traballo realizado nos anos previos nos que entre otras cousas xa coorganizou o congreso, agradeceu a confianza depositada que afirmo lle daba  ánimos e para o traballo que ten  por diante.

Aunciou que o título da edición era moi clarificador e destacou que “a palabra pandemia, que antes apenas utilizábamos, púxose no centro das nosas vida individual e social, veu mudar as formas de relacionarnos, interactuar e  tamén os ámbitos lectores e ocupou un espazo central como compañeira, acubillo, achegándonos liñas que nos permitisen reflexionar e atopar liñas de salvación e estímulos para seguir camiñando.

Un congreso que busca introducir a lectura nos máis novos – nenos de 0 anos ata mocidade –  o gusto pola lectura e todas as súas pontencialidade e que a partir dela encontren unha compañeira de aprendizaxe constante.”

Antes de debullar o programa, Lali salientou a plataforma do  Campus Remoto da Universidade que “vai permitir chegar a un público inalcanzable, un escaparate para extraordinarios para comunicarnos co exterior. Ponte entre o libro e a infancia e xuventude, persoas dun gran saber e experiencias sobre como introducir e acompañar na adquisición do hábito lector. Contamos con Jaume Centelles, que a vai darnos claves para aproveitar as potencialidades terapeúticas da lectura, Mar Benegas que escolleu unha liña de traballo que nos aproxima a lecturas tabú con temáticas complicadas como a morte e que as veces os docentes non estamos habilitados para introducir ese tipo de temáticas nas aulas e tampouco no ámbito familiar. Estará Freddy Gonçalves claves para que xuventude e mocidade non perdan hábitos lectores que tiña impregnados nos primeiros anos. Fran Alonso, que nos achegará liñas para transmitir gusto da infancia pola poesía, o Hematocrítico con claves para gozar da escrita literaria, Luz Beloso para amosar como as imaxes e a escrita se conectan e retroalimentan para elaborar unha mensaxe. Para conseguir a competencia híbrida entre a cultura tracional e o dixital contaremos cunha representación do proxecto MUVI para abrir unha xanela a como a lectura e creatividade está presente nos videoxogos. A palabra en voz alta, que é a primeira que capta a atención do lector, estará representada por Charo Pita.

O último día, xornada aberta por Jordi Sierra, recuperado da edición pasada, para disertar sobre liñas que configuran a parte creativa da súa escrita e da súa fundación que impulsa lectura como medio necesario para vida actual e da acubillo a novos escritores/as que virá seguida de 3 experienciais que amosan que a lectura é solidariedade: Libros que unen, o proxecto Bubisher e Costuras e lecturas, contos en voz alta desde Medellín.

O broche final posto pola figura de Luz Gallego, clave e referencia que durante 40 anos dende libraría Seijas soubo conquistarnos a partir das lecturas re comendadnas que sentan bases iniciáticas para instalar hábito lector e contruír lectores competentes no só no ámbito académico, senón no persoal, profesional”.

Podedes descargar o programa aquí.