Hugo Morán recolle as suxestións de Pontevedra a respecto da mobilidade nas zonas de baixas emisións

12
  • O alcalde de Pontevedra, e presidente das Cidades que Camiñan, trasladoulle ao secretario de Estado de Medio Ambiente a necesidade de introducir criterios de redución de tráficos innesarios nas futuras zonas de baixas emisións
  • Fernández Lores e a secretaria técnica das Cidades que Camiñan, Ana Montalbán, expuxeron o exemplo do modelo Pontevedrés como experiencia práctica na redución significativa de emisións 

O alcalde de Pontevedra e en representación das Cidades que Camiñan, Miguel Anxo Fernández Lores, trasladoulle esta mañá ao secretario de Estado de Medio Ambiente unha serie de achegas a respecto da redución da mobilidade de vehículos nas futuras zonas de baixas emisións, en relación á Ley de Cambio Climático y Transición Energética. Na xuntanza tamén participaron a secretaria técnica das Cidades que Camiñan, Ana Montalbán, o director xeral de Urbanismo do Concello de Pontevedra, Xosé Manuel Tato, e a directora xeral de Cambio Climático, Valvanera María Ulargui Aparicio. 

O obxectivo da xuntanza desta mañá, que tivo lugar no Ministerio para la Transición Ecológico y el Cambio Climático, era intercambiar puntos de vista ao respecto dos criterios para establacer as futuras zonas de baixas emisións, de xeito que non se refiran só a cuestións relacionadas co tipo de vehículos que poderán acceder a esta zonas senón que atendan a cuestións estruturais, como a redución dos vehículos e nomeadamente a redución dos tráficos innecesarios.

Ao remate da reunión, Miguel Anxo Fernández Lores valorou o encontro como moi positivo e salientou a actitude receptiva por parte do secretario de Estado, que recolleu as achegas das Cidades de Camiñan de cara a introducilas na futura Ley de Movilidad, que desenvolverá  a Ley Cambio Climático. A este respecto, Hugo Morán explicou que a Ley de Cambio Climático está xa nunha fase de votación no Senado (no día de hoxe), pero que no desenvolvemento desta norma se poderán introducir criterios máis amplos e abertos a outras fórmulas que garantan a redución efectiva da pegada de carbono. Neste sentido, coincidiron en que non é realista que só se permita a entrada de vehículos con etiqueta eco e eléctricos poñendo como horizonte o 2023 posto que é preciso dar unha transitoriedade para non romper a equidade dos usuarios e permitir a renovación do parque móbil, polo que será conveniente contemplar unha certa flexibilización e abranguer outras medidas que cumplan os mesmos obxectivos.  

Neste contexto, Hugo Morán asegurou que o espírito da Ley de Cambio Climático é perfectamente compatible coas achegas que esta mañá lle trasladou Miguel Anxo Fernández Lores en nome das 60 cidades asociadas nas Cidades que Camiñan, entre as que se contan urbes como Bilbao, Valladolid, Valencia, Sevilla e Zaragoza.