Aloia López Martínez, alumna do IES Frei Martín Sarmiento, gaña o certame literario de Viaqua

37
  • A este certame, convocado por Viaqua, concorreron máis de 400 obras de autores e autoras con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos das catro provincias galegas

O acalde, Miguel Anxo Fernández Lores, fixo entrega esta mañá do premio do certame literario ‘Relatos de auga intelixente’ a Aloia López Martínez, alumna de primerio de Bacherelato do IES Frei Martín Sarmiento. No acto de entrega tamén participaron a portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías, o director do IES Frei Martín Sarmiento, David Alvariño, e o xerente de Viaqua en Pontevedra, Casimiro González. 

Segundo explicou Casimiro González, a este certame, convocado por Viaqua, concorreron nesta edición máis de 400 obras de autores e autoras con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos e procedentes das catro provincias galegas, resultando gañador o relato presentado por Aloia López baixo o título ‘Lévame’ e ao que ela mesma deu lectura durante o acto de entrega do premio. 

A felicitación á alumna, así como aos equipos docentes dos centros educativos que estimulan a reflexión crítica a través da literatura, foi unánime por parte de do alcalde, de Anabel Gulías, de David Alvariño e de Casimiro Gómez. Neste sentido, Anabel Gulías salientou que este certame está na liña da filosofía da Estratexia Efecto PO2 “a través da que chamamos á acción contra o cambio climático e a poñer o noso gran de area desde o local para influír a nivel global”.

Pola súa banda, o alcalde puxo en valor que este certame provome a reflexión sobre o uso da auga “como recurso limitado que temos que coidar, que require dun investimento importante e que canto máis fagamos por reducir o seu consumo innecesario e a contaminación, pois moitísimo mellor”. Tamén salientou que “como Concello sentímonos orgullosos de ter avanzado moito na calidade do servizo de abastecemento, da man dos profesionais da empresa concesionaria Viaqua, e que ao longo destes últimos anos nos está colocando á vangarda de todo o Estado”. Neste sentido, lembrou que nos obxectivos marcados pola Axenda 2030 para o Ciclo da Auga, Pontevedra xa os cumpre co 90% da poboación con acceso a auga de calidade e unha porcentaxe de fugas na rede do 3% (o obxectivo marcado pola UE é unha porcentaxe de fugas na rede que non supere o 20%).  

Mentres, o director do IES Frei Martín Sarmiento salientou a “competencia literaria e científica” da alumna gañadora, incidindo en que leva xa 10 anos gañando galardóns literarios. Nesta ocasión, Aloia López gañou o primeiro premio do certame ‘Relatos de auga intelixente’ na categoría correspondente a Bacharelato e Formación Profesional