Dez empresas presentan ofertas para reformar o edificio de Santa Clara e transformalo na “Redeira”

27
  • Esta actuación conta cun orzamento de licitación de 90.739,75 euros e está financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) 

A reforma interior do edificio de Santa Calara para destinalo a Centro de Información ás Mulleres Redeiras, e cuxos pregos de contratación contemplan un orzmento de 90.739,75 euros, recibiu ofertas de dez empresas:

  • Construcciones y Proyectos Abilleira S.L.
  • Constructora e Ingeniería Messi S.L.
  • Covisam Norte S.L.
  • Actividades de Construcción, Edificación y Viales S.L.
  • Construcciones Abal S.A.
  • Construcciones Castro Figueiro S.L.U.
  • Edigrup Golbal S.L.
  • Planificación, desarrollo y gestión de construcciones S.A.
  • Construcciones Ramírez S.L.
  • Xemacon

A concelleira de Contratación e Réxime Interior, Anabel Gulías informou que a rececpción de ofertas se formalizou esta mañá nunha mesa de contración, e lembou que esta actuación reformulará o edifico de Santa Clara para adecualo ao denominado proxecto ‘Redeira’, toda vez que o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Pontevedra-Morrazo (que compartía estas dependencias co CIM) será trasladado ás novas instalacións dos Campos, en canto remate a reforma da antiga escola unitaria de Mourente prevista para comezos de xullo. 

Tamén lembrou que o obxectivo da reforma das dependencias municipais de Santa Clara é transformalo nun edificio multidisciplinar que garanta a igualdade da muller en todos os ámbitos, incluído o económico, a través de proxectos colaborativos onde compartir experiencias. 

Esta actuación de reforma ten un orzamento de 90.739,75 euros que estarán financiados nun 80% polo FEDER e un prazo de execución de 2 meses, e inclúe a transformación da primeira planta do edificio e tamén da praza exterior.