Limpeza extraordinaria no casco urbano de Ponte Sampaio

16

A Concellaría de xestión dos residuos que xestiona Raimundo González realizou esta mañá un zafarrancho de limpeza extraordinario no casco urbano de Ponte Sampaio con tarefas de roza e limpeza viaria completas.

A limpeza realizouse con maquinaria de soplado e varredoiras en toda a vía de acceso ao lugar da Ponte así como nos accesos á Xunqueira, nos bordos da ponte medieval e na propia ponte.

Tamén empregaron cortadoras para a roza das vías de entrada ao casco urbano e sopladoras para a recollida dos restos retirados.

O Concello realizou un dispositivo específico para esta limpeza impedindo o estacionamento de vehículos na zona durante a tarde e esta mañá, polo que quere agradecer a colaboración cidadá para un mellor resultado do zafarrancho.