Segue o bo ritmo de peticións de axudas de ordenadores con 580 solicitudes

68

A Concellaría de Promoción da Cidade centraliza todas as chamadas nun único teléfono e roga aos interesados que se presenten nas oficinas Supera con cita previa.

O éxito da convocatoria das Axudas para material informático incluído dentro do Plan Supera de reactivación económica do Concello de Pontevedra é innegable. Até a xornada de hoxe, o Concello xa ten rexistradas 580 solicitudes de familias.

Para unha mellor organización, a Concellaría acaba de habilitar un único teléfono para resolver dúbidas: 986 80 43 21, que poderá ser atendido por varias operadoras.

Se as persoas optan por resolver dúbidas presencialmente, deberán solicitar a súa cita previa a través da internet no enlace citaprevia.pontevedra.gal ou ben no teléfono automático 886 405 153, escollendo a opción Oficina Plan Supera 21.

A Concellaría roga a todas as persoas que queiran obter información que opten por estas dúas vías, e non se acheguen á Oficina Supera sen ter confirmada previamente a súa hora.