O Concello de Pontevedra convoca en colaboración con Cuarto de Inverno o IV Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno

45
  • O prazo de recepción de solicitudes permanecerá aberto dous meses: de mañá 1 de maio ao 30 de xuño de 2021
  • Os orixinais deberán remitirse ás oficinas do Pazo da Cultura de Pontevedra, ubicadas en Alexándre Bóveda s/ 36005.
  • O autor/a gañadora/a recibirá unha dotación económica de 4.000€ por parte do Concello e a publicación da obra da man da editorial.
  • Antonio Manuel Fraga, Beatriz Maceda e Lorena Conde resultaron galardoados nas 3 edicións anteriores.

O Concello de Pontevedra abrirá mañá 1 de maio o prazo de recepción de orixinais para o IV Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil convocado un ano máis xunto á editorial Cuarto de Inverno. A recepción de orixinais, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar ata o 30 de xuño de 2021.

Avanzabao esta mañá a concelleira de Cultura Carme Fouces, acompañada por Andrea Jamardo de Cuarto de Inverno e Luz Gallego “Nenuca” da Libraría Seijas que forma parte do xurado do certame, do que achegamos as bases

Foces destacou a “calidade das obras que puxemos no mercado, contribuíndo a enriquecer a literatura xuvenil e que, doutro xeito, ao mellor non estarían nas librarías. O máis habitual é que os premios estean máis vinculados ao infantil, á ilustración de de aí a importancia deste certame, centrado na LIX.

A concelleira pechou a súa intervención agradecendo ao xurado o seu traballo de lectura das obras – o ano pasado chegaron ás 40 – e á editorial o cariño e coidado na edición destas.

Pola dúa banda, Andrea Jamardo en representación de Cuarto de Inverno, agradeceu ao Salón do Libro e ao Concello esta aposta e o “honro de ser a editoria do Premio María Victoria Moreno. Hai moitos premios de infantil pero menos de xuvenil en parte por iso ten tamén moi boa acollida. Cada ano recibimos máis orixinais, todos con moi boa calidade”.

Jamardo lembrou a Lorena Conde, gañadora da pasada edición, pontevedresa e alumna de María Victoria quen” coido, estaría contenta co premio pola homenaxe que supón pero tamén polo coidado do libro en si”

Luz Gallego, da libraría Seijas, en representación do xurado destacou a grata sorpresa ao formar parte do xurado o ano pasado por primeira vez – como exalumna, veciña e amiga de María Victorictoria – e descubrir a alta calidade das obras. “Pensei que leriamos moitos libros a algunhos poderiamos descartalos con facilidade pero descubrín obras con moita calidade, non sei se froito do confinamento”

Fouces rematou a rolda convidando a “quen teña que dicir algo na literatura infantil e xuvenil a achegar aos seus orixinais. Agardamos non ter confinamento, pero que sexan froito da vida social e de poder alternar uns cos outros”