A batea de Leiro volve a terra para avaliar o seu estado logo dos danos do inverno

20

O conxunto escultórico desenganchouse no inverno e foi ancorada a un lateral da Illa do Cobo, ate hoxe que se levou a terra.

Será necesario cambiar a madeira da instalación, pero tamén hai analizar o morto e os flotadores da escultura.

A Concellaría de Patrimonio histórico-artístico, que dirixe o concelleiro Xaquín Moreda, reflotou esta mañá a batea do escultor Francisco Leiro, que forma parte do conxunto escultórico da Illa do Cobo. A batea foi á deriva coas enchentes do inverno e foi ancorada nun lateral do parque até que o bo tempo permitiu levaba á terra e traballar sobre ela.

Esta mañá dúas grúas de grandes dimensións xunto a unha barca conseguiron levala a terra, na propia Illa do Cobo, para analizar o seu estado actual. 

A priori os técnicos municipais xa confirman a necesidade de retirar a madeira da batea para substituíla por outra nova, e tamén haberá de analizar o estado dos flotadores e do morto da escultura antes de devolvela ao seu lugar orixinario, en fronte da praza fluvial.