O alcalde recibe a María Gándara Buceta con motivo do seu 101 aniversario

12

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá na Alcaldía a María Gándara Buceta con motivo do seu 101 aniversario. Dona María quixo achegarse ao Concello a visitar ao Alcalde co que departiu durante máis de media hora sobre a súa vida na cidade. Natural de Portas, dona María vive en Pontevedra dende o ano 1938 e recordou co alcalde momentos da súa nenez en Portas como cando se facía o viño catalán ou cando deixou de fumar, hai máis de 30 anos.

Tamén lle explicou que xa está vacinada da Covid e que aínda que os xeonllos non llo permiten na actualidade, saía a pasear todos os días pola cidade.

O alcalde entregoulle o tradicional ramo de flores e felicitouna polo seu aniversario e o seu excelente estado de saúde físico e mental.